Inicio Galicia A Xunta mantén un novo encontro cos representantes das orquestras e verbenas...

A Xunta mantén un novo encontro cos representantes das orquestras e verbenas para abordar a súa situación

0


A Xunta de Galicia vén de celebrar un novo encontro cos representantes do sector das orquestras e verbenas para abordar a súa situación no marco da crise sanitaria provocada pola covid-19. Así, membros das consellerías de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Economía, Emprego e Industria e Cultura e Turismo participaron nunha reunión na que explicaron as axudas, opcións e recursos a disposición deste sector, así como as posibles dúbidas sobre o protocolo de seguridade posto en marcha polo Goberno galego.

Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos activada pola Xunta de Galicia desde o inicio da pandemia co obxectivo de coñecer a situación de primeira man e intentar paliar os efectos da crise en todos os sectores económicos da nosa Comunidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre