Inicio Galicia A Xunta mantén os labores de restauración, limpeza e conservación nos parques...

A Xunta mantén os labores de restauración, limpeza e conservación nos parques naturais e nas Illas Atlánticas

0

O obxectivo destes traballos, que nalgúns casos comezaron a primeira semana de marzo, é preservar os hábitats de interese que caracteriza estes espazos naturais e previr incendios forestais


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda manterá a execución das tarefas de restauración, conservación e adecuación de hábitats de interese nos seis parques naturais existentes na comunidade, así como no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O obxectivo destes traballos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, pasa por preservar a biodiversidade e os valores naturais que caracterizan estes espazos e previr a posible propagación de incendios forestais.

Neste sentido, a Xunta decidiu continuar coa execución sobre o terreo destes traballos, que no caso dos parques naturais prolongaranse ata o vindeiro mes de novembro. Concretamente, no Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e no de Baixa Limia-Serra do Xurés as tarefas de limpeza e acondicionamento empezaron xa o 3 de marzo, antes da declaración do estado de alarma por mor do Covid-19.

Neste caso concreto, a empresa pública Seaga, que ten encomendado o servizo, parou temporalmente os labores sobre o terreo co fin de adaptar o sistema do transporte ás medidas de seguridade esixidas polo coronavirus, retomando a actividade días despois. Nos outros catro parques naturais de Galicia -Monte Aloia, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Fragas do Eume- os operarios empezaron a traballar a primeiros de abril.

Os labores a realizar abranguen fundamentalmente o acondicionamento dos hábitats con moto-rozadoras naquelas áreas onde non é posible o emprego de maquinaria, e o acondicionamento mecanizado con tractor en superficies con diferentes pendentes e tamén en marxes de camiños.

Ademais, a encomenda inclúe a realización doutras tarefas como: limpeza de cunetas con retro-escavadora ou moto-niveladora, co fin de evitar danos nos habitas por desbordamento; acondicionamento da rede de drenaxe existente; recollida, clasificación e acopio de residuos, así como limpeza manual en praias; apertura manual de faixas cortalumes; podas e clareos en masas arbóreas existentes para manter a luminosidade dos hábitats en cobertura; ou eiminación de especies alóctonas, co fin de restaurar hábitats degradados.

Cómpre subliñar a importancia deste tipo de traballos para garantir o bo estado de conservación de zonas cun alto valorar ecolóxico así como para manter despexadas as rutas polas que se necesitan desprazar as brigadas de incendios, en caso de que se declare algún lume forestal, como ocorreu a semana pasada. xa que a semana pasada declarouse un, sen excesivas consecuenciasActuacións no Parque NacionalEn canto ás actuacións programadas no Parque Nacional, nas Cíes, concretamente nas illas de Monteagudo e Faro, desenvolveranse entre o 9 de marzo e o 17 de abril actuacións silvícolas de prevención contra incendios e protección do medio ambiente como cortas de vexetación de especies invasoras consideradas de maior risco; retirada e transporte de vexetación, restos de podas e trozas de madeira; retirada e transporte de exemplares en mal estado de conservación, especialmente eucaliptos; podas de altura de copa, en exemplares con risco de caída; desbroce manual de matogueira de faixas de seguridade nos perímetros de construccións, vivendas, camiños, etc; e desbroce mecánico de alóctonas invasoras de porte medio na liña dos traballos realizados en 2019.

De igual xeito, no arquipélago de Ons tamén se están a realizar desde o pasado 9 de marzo este mesmo tipo de actuacións silvícolas de prevención contra os incendios forestais e de protección do medio ambiente. Neste caso concreto, os labores continuarán ata o próximo 30 de abril.

Cómpre lembrar que todas estas tarefas débense executar neste período do ano por coincidir coa fase previa á nidificación das aves mariñas, sendo o Parque Nacional un dos enclaves naturais imprescindibles para este proceso. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre