Inicio Galicia A Xunta mantén aberta ata o día 3 de setembro a terceira...

A Xunta mantén aberta ata o día 3 de setembro a terceira convocatoria de axudas para a creación de casas niño no rural

0

Trátase dun recurso de conciliación gratuíto para as familias que residen en concellos de menos de 5000 habitantes nos que non existe ningún outro establecemento de atención continuada á infancia


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Amparo González, lembrou hoxe que a terceira convocatoria das axudas para a creación de Casas Niño permanecerá aberta ata o día 3 de setembro. Así o indicou durante a súa visita á Casa Niño Cascarón Vermello de Láncara (Lugo) que na actualidade atende a dez nenos e nenas en horario de 9,00 a 17,00 horas, e á que acudiu acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol.

Durante o seu percorrido polas instalacións, a directora xeral insistiu na importancia que teñen as Casas Niño para o fomento da conciliación nos concellos rurais e fixo fincapé en que o Goberno galego seguirá estendendo as Casas Niño para crear unha rede máis ampla de recursos de conciliación no rural grazas a esta terceira convocatoria que permitirá outorgar outras 15 subvencións para o desenvolvemento doutros tantos proxectos. No seu conxunto, entre as dúas primeiras convocatorias de 2016 e 2017 e a nova orde de axudas a Xunta investirá 6,1 millóns de euros que farán posible a existencia dun total de 61 Casas Niño.

Leer más:  Burela (Lugo) estará presente en 'El Grand Prix del Verano' 2024 junto con otras 13 localidades españolas

Amparo González sinalou que o impulso deste programa no ámbito da conciliación “é unha mostra da inequívoca aposta da Xunta de Galicia por que nos municipios rurais existan os mesmos recursos que nas cidades”, nomeadamente no ámbito da familia e a infancia. Así mesmo, apuntou que tamén constitúe un apoio ás persoas emprendedoras en localidades de carácter rural que con proxectos como este dan resposta a unha demanda como é o coidado dos máis pequenos e ás necesidades de conciliación.

As Casas Niño son un recurso gratuíto para as familias que residen en concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia. Esta medida forma parte das propostas que se contemplan no Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) que a Consellería de Política Social está a desenvolver dende finais de 2015 con accións como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia e o Bono Coidado, a apertura de novas escolas infantís –con especial atención aos polígonos empresariais e industriais- ou o incremento de prazas 0-3 anos sostidas con fondos públicos. O compromiso da Xunta é que no ano 2020 todos os concellos de Galicia teñan, como mínimo, un recurso de conciliación.

Leer más:  Un incendio originado en la chimenea de una casa en Vilalba (Lugo) termina sin causar heridas a las personas presentes

- Te recomendamos -