Inicio Galicia A Xunta mantén a súa aposta pola CPI coa convocatoria da I...

A Xunta mantén a súa aposta pola CPI coa convocatoria da I edición dos Premios aos empregados públicos innovadores de Galicia

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou hoxe na Cidade da Cultura o I Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou hoxe na Cidade da Cultura o I Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta, onde anunciou que a Xunta convocará a primeira edición dos Premios aos empregados públicos innovadores de Galicia.

O obxectivo é recoñecer e fomentar os comportamentos innovadores para consolidar a cultura da I+D+i no sector público, premiando ás persoas con curiosidade, empeño, creatividade, entusiasmo, iniciativa e boas prácticas. Deste xeito, estableceranse dúas categorías, unha de identificación de oportunidades ou retos de innovación e outra de proxectos innovadores.

Os premiados, ademais do recoñecemento público que se realizará, recibirán asesoramento na identificación de fontes de financiamento que permitan a posta en marcha dos retos detectados; unha visita a un laboratorio de innovación internacional; e un curso personalizado en innovación pública.

Trátase dunha iniciativa coa que Galicia agarda seguir avanzando na implantación de actuacións baseadas na CPI e na innovación aberta, un eido no que Galicia foi pioneira e no que aspira a consolidar ese liderado para o que xa está mobilizando 100M€ neste período 2014-2020.

Leer más:  Galicia se encuentra en plena preparación para lanzar el corredor ecoturístico más grande de Europa en el norte de la península

Na clausura, Conde amosou a súa satisfacción pola boa acollida do Foro que terá continuidade o ano que vén coa celebración da segunda edición en Colombia, o que demostra que este evento permitiu crear unha Comunidade de territorio comprometidos co desenvolvemento e implantación da CPI. Este era, precisamente, un dos obxectivos que tiña a Axencia Galega de Innovación cando puxo en marcha esta iniciativa.

Ao longo destas dúas xornadas, relatores e asistentes tiveron a oportunidade de debater sobre o papel fundamental que a CPI ten na transformación das institucións públicas ao permitirlles contar con servizos públicos máis eficientes e máis adaptados ás necesidades reais dos cidadáns. Analizáronse casos concretos para coñecer as barreiras e as solucións atopadas por diferentes organismos na implantación da CPI e avaliouse o mellor xeito tanto de incentivar a participación das pemes innovadoras como de impulsar políticas públicas que faciliten o seu desenvolvemento. En definitiva, o Foro foi un espazo para o intercambio de experiencias e o establecemento de sinerxías entre España e Latinoamérica que servirán de motor para impulsar a I+D+i en cada territorio a través da CPI.

Leer más:  La Xunta aprobará el próximo lunes la matrícula gratuita para los nuevos estudiantes universitarios

Conde destacou que grazas á aposta pola CPI, Galicia abriu unha nova relación entre a Administración e os axentes do sistema de innovación pasando de ser cofinanciadora a orixinar demanda, compartir riscos, xerar impacto no mercado e ser beneficiaria directa. Así, segundo os datos de 2017, Galicia medra tanto en gasto en I+D (13,3%) como en número de persoas dedicadas a esta actividade (9,6%).

De xeito paralelo, o impulso á CPI ten permitido maximizar a rendibilidade do investimento público en innovación e mellorar os servizos aos cidadáns tanto no eido da saúde, a través de iniciativas como InnovaSaúde e Hospital 2050 como se fará coas solucións que se están desenvolvendo no marco do polo aeroespacial de Galicia e que pasan por melloras na seguridade marítima ou o control aéreo, forestal e da auga.


- Te recomendamos -