Inicio Galicia A Xunta licitará a principios do 2020 a redacción do proxecto da...

A Xunta licitará a principios do 2020 a redacción do proxecto da 1ª fase da Variante de Carballo, cuxa execución se iniciará en Bértoa

0

Vázquez Mourelle sinala que nos Orzamentos do vindeiro ano destínanse 250.000 euros para actualizar o proxecto e impulsar en dúas fases esta infraestrutura que servirá de alternativa á estrada AC-552, cun investimento de preto de 28M€

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta licitará no primeiro trimestre do 2020 a redacción do proxecto da primeira fase da Variante de Carballo, que se iniciará na estrada autonómica AC-552, en Bértoa, e cuxo investimento aproximado superará os 15 millóns de euros.

Vázquez Mourelle mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos empresarios do polígono industrial de Bértoa, para presentarlles o traballo que se está a desenvolver para progresar nesta infraestrutura que servirá de alternativa á estrada AC-552.

A Conselleira sinalou que para impulsar esta actuación o departamento que dirixe ten proxectada a súa execución en dous treitos, un desde o oeste de Carballo ata a vía provincial que leva a Compostela e, o outro, que é o da saída directa do polígono de Bértoa coa estrada de Ordes. A Variante de Carballo terá unha lonxitude de case 7 quilómetros e que suporá un investimento autonómico de preto de 28 millóns de euros.

Deste xeito, a conselleira informou que o departamento que dirixe conta coa reserva dunha partida específica nos orzamentos da Xunta, de 250.000 euros, para licitar a actualización do proxecto e a segregación para executar a 1ª fase da Variante, en Bértoa.

Concretou que, atendendo á xustificación técnica das fases, priorízase a intervención que comezará pola AC-552 en Bértoa ata á AC-413, estudando tamén o proxecto a súa continuación ata a estrada da Deputación.

Neste sentido, Vázquez Mourelle incidiu tamén na mellora que supón para a mobilidade e seguridade viaria esta conexión do polígono de Bértoa coa AC-413, que permitirá para evitar os vehículos pesados en zona de instituto, colexio infantil e complexo deportivo.

Trátase, salientou, que se trata de dar unha alternativa aos vehículos que proceden da Coruña, e do polígono empresarial de Bértoa que, para chegar ás estradas de Ordes e Santiago, actualmente circulan pola AC-552 por unha trama urbana.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre