Inicio Galicia A Xunta licita por máis de 6,47 millóns de euros as obras...

A Xunta licita por máis de 6,47 millóns de euros as obras de mellora da capacidade e da seguridade da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira

0

Trátase da primeira fase de acondicionamento do treito comprendido entre a AG-64 e Ponte Mera, ao seu paso polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cerdido

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita as obras de construción de mellora da capacidade e seguridade viaria da estrada AC-862, que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira, por un importe de máis de 6,47 millóns de euros.

Segundo recolle hoxe a Plataforma de contratos públicos de Galicia, as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o día 1 de xullo.

Trátase da primeira fase de acondicionamento do treito comprendido entre a AG-64 e Ponte Mera, ao seu paso polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cerdido.

En total, nesta primeira fase actuarase en preto de 20 quilómetros de estrada, rectificando curvas, ampliando a calzada. Habilitarase un novo un terceiro carril de adiantamento ao longo de 3,8 km, ademais de mellorar o carril adicional actual existente en sentido Ferrol.

A actuación iníciase no punto quilométrico 17+500, unha vez superado o núcleo de San Sadurniño e tras deixar atrás o enlace coa AG-64.

As principais actuacións proxectadas son a corrección de trazados nos treitos curvos, mellora e redeseño das interseccións existentes e o encaixe e dimensionamento de carrís lentos, naqueles treitos onde é viable. Tamén se prevé a revisión e acondicionamento da sinalización vertical e horizontal e a análise dos xiros á esquerda e da seguridade viaria.

Máis en detalle, as accións comezarán pola execución dun carril adicional sobre a calzada existente entre os puntos quilométricos 17+700 e 19+960, a rectificación do trazado e construción dun carril adicional dos puntos 29+000 ata o 29+970.

Ademais, entre os puntos quilométricos 30+260 e 31+440, as obras darán continuidade ao treito anterior coa rectificación do trazado e engadindo un carril de adiantamento, completándose a intervención coa rectificación da curva situada entre os puntos quilométricos 34+380 e 34+924.

Tras o período de información pública e con base nas alegacións recibidas, neste proxecto decidiuse non incluír a glorieta do punto quilométrico 24+150 que, se é o caso, será obxecto dunha actuación independente.

Para a segunda fase, cuxo proxecto está en redacción, resérvanse as actuacións para executar entre os puntos quilométricos 37+340 e 42+380.

Esta actuación enmárcase nas actuación para mellorar a rede de estradas autonómicas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre