Inicio Galicia A Xunta licita por máis de 236.000 de euros a senda peonil...

A Xunta licita por máis de 236.000 de euros a senda peonil que unirá as localidades de Tallós e Bexo no concello de Dodro

0

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín, visitou hoxe a zona e destacou que a Xunta aposta por unha mobilidade máis saudable, sustentable e segura 


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicará mañá no Diario Oficial de Galicia o anuncio de licitación da senda peonil e ciclista que enlazará as localidades de Tallós e Bexo, no municipio de Dodro. Esta actuación conta cun orzamento de 236.365 euros e permitirá a construción dun itinerario de tres tramos de senda, que xunto cos tramos xa existentes permitirán completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305. O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín, visitaron hoxe a zona na que se construirá esta nova senda.

As sendas que se van construír suman máis de 1,5 quilómetros e terán 2 metros de largo, iniciándose a actuación á entrada de Tallós, entre os puntos quilométricos 2+450 a 2+570, seguindo de Tallós a Muronovo, puntos quilométricos 2+920 a 3+630, e rematando no tramo de Mo a Bexo, puntos quilométricos 5+155 a 5+875.

Ademais, colocarase unha tubaxe para canalizar as augas de drenaxe, así como unha canalización que permita nun futuro a instalación de alumeado se é preciso.

Cómpre lembrar que esta actuación, licitada polo Executivo autonómico, se enmarca na estratexia deseñada pola Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, na súa visita á zona subliñou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa avanzando no desenvolvemento do Plan de Sendas de Galicia e lembrou que coa execución deste itinerario peoníl e ciclista non deportivas, o plan de Sendas de Galicia está pasando do papel á realidade. E lembrou que este plan na comarca de Santiago recolle, no seu conxunto, 15 quilómetros de novos itinerarios e un investimento de 3,7 millón de euros, con actuacións tamén nos concellos de Teo, Touro ou Boqueixón.

Ovidio Rodeiro destacou que “con este tipo de actuacións a Xunta aposta por unha mobilidade máis saudable e sustentable que atende a criterios de integración paisaxística, sustentabilidade pero, ante todo, polo reforzo da seguridade viaria”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre