Inicio Galicia A Xunta licita por máis de 1,8 millóns de euros a execución...

A Xunta licita por máis de 1,8 millóns de euros a execución da nova depuradora de Sergude, en Boqueixón, para a mellora do saneamento

0

As empresas interesadas neste contrato, que conta cun prazo de execución de 12 meses, poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 23 de xullo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, publica hoxe na plataforma de contratos públicos de Galicia a licitación das obras de execución da nova estación depuradora de augas residuais de Sergude, en Boqueixón, por un importe de máis de 1,8 millóns de euros.

As empresas interesadas nesta actuación para a mellora do saneamento no municipio, que conta cun prazo de execución de 12 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 23 de xullo.

A intervención ten por obxectivo mellorar as infraestruturas de saneamento nos núcleos de Sergude e Lestedo e unificar o tratamento das súas augas. A capacidade de tratamento das augas residuais da depuradora existente, deseñada para 1.000 habitantes equivalentes resulta insuficiente.

Os traballos consistirán na execución da estación depuradora de augas residuais en Sergude e colectores, deseñada para 3.000 habitantes equivalentes, o que permitirá triplicar a capacidade da depuradora actual.

Esta depuradora situarase xunto á xa existente e, mentres se acometen as obras, a actual estación de tratamento de augas residuais permanecerá en servizo. A nova depuradora incluirá os seguintes procesos: liña de auga, liña de fangos e redes auxiliares de proceso.

Estas obras, inscríbese no marco do convenio de colaboración asinado co Concello de Boqueixón e Augas de Galicia, que se encarga de achegar a maior parte do financiamento e contratar a execución das obras, correspondéndolle á entidade local o cofinanciamento, a xestión dos terreos para a futura planta de tratamento de augas residuais e a asunción da súa conservación e explotación unha vez rematados os traballos.

As actuacións contan co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre