Inicio Galicia A Xunta licita por máis de 100.000 euros as obras de mantemento...

A Xunta licita por máis de 100.000 euros as obras de mantemento e rehabilitación da igrexa de Santa María de Lamas en Boqueixón

0

Ovidio Rodeiro destacou que estas obras permitirán resolver as patoloxías existentes no ben, causadas fundamentalmente pola humidade

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro informou hoxe por parte da Xunta das obras de mantemento, conservación e rehabilitación da igrexa de Santa María de Lamas, no concello de Boqueixón, por máis de 100.000 euros. As actuacións terán un prazo máximo de execución de oito semanas desde o inicio dos traballos.

Ovidio Rodeiro recalcou que estas obras “permitirán resolver as patoloxías existentes neste ben, causadas fundamentalmente pola humidade, dado que o inmoble se sitúa nunha zona con abundante auga no subsolo!.

Entre as accións que se levarán a cabo para resolver as afectacións detectadas figuran, entre outras, a realización dunha limpeza manual de toda a cuberta de tella e a substitución de pezas danadas, a limpeza dos parámetros exteriores de xeito manual, ou a reposición de pezas danadas da carpintería. Ademais, nas zonas onde existen pinturas murais procederase a realizar unha toma de datos e analíticas co obxecto de realizar unha avaliación do seu estado de conservación e, no seu caso, realizar unha proposta de intervención de urxencia.

O delegado territorial lembrou que “para poder desenvolver estes traballos, o Goberno galego asinou un convenio de colaboración coa Arquidiócese de Santiago para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración en varios inmobles eclesiásticos, entre os que se atopa a igrexa de Santa María de Lamas”.

Templo do século XVIIIA igrexa de Santa María de Lamas é un ben protexido incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e recollido no inventario do patrimonio histórico-artístico do Concello de Boqueixón. Trátase dun templo de estilo barroco e nave de planta de cruz latina construída no século XVIII que dispón dunhas dimensións e unha concepción arquitectónica notable.

Nos anos 70 do século XX acometeuse unha nova serie de reformas que incluíron unha nova cubrición ou o remate dos muros de cantaría. No ano 2000, a Xunta executou diferentes obras de substitución da cuberta e no ano 2001 realizouse unha segunda fase que incluíu a reparación de gretas, repoñendo morteiros e fábricas e na que tamén se situaron canlóns e baixantes de cobre para favorecer a drenaxe de toda a contorna da igrexa e a recollida de augas pluviais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre