Inicio Galicia A Xunta licita os 29 contratos que culminan a modernización do transporte...

A Xunta licita os 29 contratos que culminan a modernización do transporte público que funcionará en Galicia na próxima década

0

Feijóo destaca o obxectivo de que o 97% da poboación teña unha parada de autobús a menos dun quilómetro

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello da Xunta, a licitación dos 29 contratos que culminan a modernización do transporte público que funcionará en Galicia na próxima década.

Estes novos contratos contan cun orzamento de máis de 237 millóns de euros por 10 anos para 1.286 novas liñas, das cales máis da metade (741) serán compartidas, coa posibilidade do uso das prazas baleiras do transporte escolar por parte do conxunto da poboación.

En concreto, os contratos abranguen liñas de autobús que operarán: en case toda a provincia da Coruña –nas contornas da cidade, na Costa da Morte, contorna de Santiago e comarca do Barbanza- e na provincia de provincia de Pontevedra –no norte da bisbarra de Arousa e nas comarcas de Tabeirós e Terra de Montes, Baixo Miño e Val Miñor-. Tamén se inclúen os contratos de larga distancia que afectan ao Eixo Atlántico, isto é, Ferrol-A Coruña-Santiago-Pontevedra-Vigo; e ao de Lugo-SantiagoO presidente da Xunta detallou as vantaxes que supoñen para os usuarios estes servizos: un esquema tarifario unificado e bonificacións obrigatorias; melloras de servizos en liñas, rutas ou horarios; servizos nocturnos na Coruña, Santiago e Vigo atendendo ás necesidades de moitos traballadores e liñas transversais ás cidades para dar cobertura entre si aos concellos da súa contorna.

Deste xeito, ao culminar o Plan de Transporte Público será posible estender ao conxunto de Galicia tanto a gratuidade para menores de 21 anos como o uso da tarxeta de Transporte Metropolitano. Ademais, as modalidades de transporte compartido e baixo demanda permitirán multiplicar a cobertura da rede de autobuses e acadar “o obxectivo de que o 97% da poboación teña unha parada de autobús a menos dun quilómetro”, aseverou Feijóo.

Por outra banda, estes lotes garantirán o emprego de 859 condutores, no marco do acordo social pechado pola Xunta coas principais centrais sindicais para blindar a subrogación dos profesionais necesarios para prestar estes servizos. Ademais, o deseño destes contratos está dirixido a favorecer a participación das pequenas e medianas empresas e limitarase a adxudicación a unha única empresa para evitar a concentración.

Para concluír, Feijóo sinalou que estes novos contratos, unidos aos que xa están en vigor, deseñan un mapa definitivo cun total de 3.144 liñas, das que 2.134 son de transporte compartido, cunha achega da Xunta de 74 millóns de euros ao ano e un volume de negocio duns 131 millóns anuais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre