Inicio Galicia A Xunta licita o servizo técnico para a actualización dos mapas de...

A Xunta licita o servizo técnico para a actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa para o ciclo 2021-2027, cun orzamento de 265.000?

0

As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 29 de abril para presentar as súas ofertas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar o servizo de apoio técnico para a actualización e revisión dos mapas de perigosidade e risco de inundación da Demarcación hidrográfica de Galicia-Costa para o ciclo 2021-2027, cun orzamento de preto de 265.000 euros.

As empresas interesada teñen de prazo ata o vindeiro 29 de abril para presentar as súas ofertas, podendo consultar toda información na Plataforma de Contratos da Xunta.

Este contrato enmárcase dentro do traballo de prevención e preparación ante os desafíos derivados do cambio climáticoA planificación hidrolóxica é a ferramenta esencial que fai posible as políticas de xestión da auga, e Augas de Galicia acaba de actualizar e revisar os contidos da avaliación preliminar do risco de inundación, co obxecto de determinar aquelas novas zonas do territorio nas que poidan existir un risco potencial de inundación significativo ou nas que a materialización deste risco sexa considerado probable.

Unha vez concluída esta actualización, o organismo hidráulico da Xunta de Galicia segue avanzar nos estudos que integran a planificación hidrolóxica vixente, para o que se licita este contrato de revisión dos mapas de perigosidade e risco de inundación. Os traballos obxecto deste contrato centraranse en dar apoio a Augas de Galicia ás tarefas de revisión e actualización da 2ª fase da implantación da Directiva europea de zonas inundables do novo ciclo 2021-2027. En concreto, abranguen a realización dos mapas dos novos tramos das Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSIs) delimitados na revisión da avaliación preliminar do risco de Inundación, e inclúe tamén a revisión e actualización das ARPSIs xa existentes do ciclo anterior 2015-2021. O alcance da revisión e actualización inclúe a aqueles tramos nos que se producirán cambios significativos con respecto ao ciclo vixente. Estas modificacións poden ser debidas a cambios da superficie do terreo por obras ou proxectos que se desenvolveran, erros detectados ou a existencia de novas e mellores técnicas dispoñibles que poidan xerar unha variación substancial respecto do resultado obtido no primeiro ciclo. Este proceso de actualización e revisión dos mapas de perigosidade e risco de inundacións na demarcación Galicia-Costa, como en todas as fases da Directiva de inundables 2007/60/CE, irá acompañado da correspondente consulta pública durante 3 meses, de cara a elaborar os mapas definitivos.

Cómpre lembrar que de cara a minimizar os efectos negativos producidos polas enchentes, e segundo o establecido a normativa europea, a xestión do risco de inundacións realizase en ciclos de seis anos, ao longo dos que desenvolven 3 fases e que culminan coa aprobación do Plan de Xestión do Risco de Inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, que deberá estar aprobado antes do 21 de decembro de 2021. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre