Inicio Galicia A Xunta licita o servizo de control de calidade da auga en...

A Xunta licita o servizo de control de calidade da auga en captacións, emisións ao mar ou encoros na demarcación hidrográfica Galicia-Costa, cun investimento de 1,6 M?

0
image_gallery.jpg

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe este contrato para os vindeiros dous anos, cun prazo de presentación de ofertas ata o 30 de decembro


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar o servizo para controlar a calidade da auga en captacións, emisións ao mar ou encoros na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Para darlle continuidade ao programa que se viña desenvolvendo neste ámbito, a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación deste servizo por un importe de case 1,6 millóns de euros.

As empresas poderán presentar ata o vindeiro 30 de decembro as súas ofertas para optar a levar a cabo esta vixilancia durante os vindeiros dous anos.

Os traballos prevén a elaboración previa dun plan de explotación e de informes por cada punto de mostraxe coa información xeorreferenciada asociada.

O contrato abrangue a toma de mostras, a análise en laboratorio dos parámetros de cada programa, a valoración dos resultados e a incorporación dos datos no Sistema nacional de Intercambio de Información sobre o estado e calidade das augas continentais.

ProgramasO servizo consta de tres programas, sendo o primeiro o de control de captacións de auga destinada ao consumo humano. Determinaranse 141 puntos de mostraxe en zonas designadas para a captación de auga para consumo que proporcionen un promedio de máis de 100 m³ diarios.

O segundo programa diríxese ao control de emisións ao mar, analizando as descargas indirectas a través dos ríos segundo o Convenio Internacional para a protección do medio mariño na área de influencia do Atlántico Nordeste. Neste caso, fixaranse 23 puntos de mostraxe.

O terceiro programa está enfocado á vixilancia de encoros de menor capacidade, nos que mediante 7 puntos de mostraxe se efectuará o seguimento da calidade da auga.

Ademais, de forma complementaria, este contrato inclúe unha liña de control de praguicidas coa fin de controlar a contaminación de orixe difuso. Para este programa establécense uns 20 puntos de mostraxe.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre