Inicio Galicia A Xunta licita hoxe as obras de acondicionamento da travesía de San...

A Xunta licita hoxe as obras de acondicionamento da travesía de San Eufrasio, en Lugo, cun orzamento de 334.000 euros

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o día 11 de xuño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar na plataforma de contratos públicos de Galicia as obras de acondicionamento da travesía de San Eufrasio, en Lugo, cun orzamento de 334.000 euros. Trátase dunha vía urbana que é o arranque da estrada LU-530 (Lugo-A Fonsagrada) e que será mellorada entre a estación do ferrocarril (o punto quilométrico 0,00) e o enlace coa autovía A-6 (punto quilométrico 3,60).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as empresas interesadas en concorrer á licitación teñen de prazo ata o día 11 de xuño para presentar as súas ofertas, e o prazo de execución das obras será de cinco meses.

Neste treito realizarase un acondicionamento integral, con fresados localizados nos puntos que presenten maior deterioro e a renovación da capa de rodadura en toda a lonxitude. Balseiro lembrou que este é o tramo con maior intensidade de tráfico da rede de estradas autonómicas na provincia, cunha media de 10.000 vehículos ao día, xa que constitúe o acceso preferente á cidade polo leste e serve para acceder ao hospital Lucus Augusti e á autovía A-6.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre