Inicio Galicia A Xunta licita hoxe a renovación das beirarrúas na travesía de Castro...

A Xunta licita hoxe a renovación das beirarrúas na travesía de Castro Ribeiras de Lea, por un importe de 331.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que as empresas interesadas teñen de prazo ata o día 13 de maio para presentar ofertas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe na plataforma pública de contratos de Galicia as obras de renovación das beirarrúas no núcleo urbano de Castro Ribeiras de Lea -no municipio de Castro de Rei-, que contan cun orzamento de 331.575 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as empresas interesadas teñen de prazo ata o día 13 de maio para presentar ofertas, e o prazo de execución previsto para as obras é de oito meses. Trátase da primeira fase dun proxecto máis amplo que prevé outras intervencións similares na localidade.

Esta primeira actuación desenvolverase en 1,2 quilómetros da estrada LU-113 (Rozas-Abadín), entre o cemiterio e o centro urbano da localidade. En concreto, pola marxe dereita engádense 200 metros de beirarrúa na travesía de Duarría para comezar no acceso ao camposanto, no punto quilométrico 3,820. O remate está no punto quilométrico 5,060, á altura do cruce entre Praza Galicia e Praza Irmáns Fernández Quintán.

As beirarrúas terán un ancho superior ou igual a 1,80 metros, o que implica a súa ampliación nalgúns tramos; construiranse pasos de peóns, trasladaranse os sumidoiros existentes ás zonas de ampliación e colocarase algún novo nas zona de nova beirarrúa. Substituiranse 85 metros de bionda e 72 metros de varanda existente. Colocaranse ramplas de acceso aos garaxes e repoñerase a sinalización vertical e horizontal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre