Inicio Galicia A Xunta licita as obras para reparar os danos provocados polo paso...

A Xunta licita as obras para reparar os danos provocados polo paso do tempo na igrexa de Ventosa cun importe de 50.000?

0

As actuacións permitirán solucionar os problemas de filtracións e humidade neste templo que foi calificado como “catedral rural de Galicia” por Filgueira Valverde

A Xunta de Galicia licita hoxe as obras para reparar os danos provocados polo paso do tempo na igrexa de Ventosa, en Agolada, por un importe próximo aos 50.000 euros. Trátase dunha actuación que da continuidade aos traballos feitos no ano 2000 para rehabilitar e poñer en valor este templo e que, nesta ocasión, se centrará en solucionar os problemas e filtracións e humidades.

Así, tras rematar o informe previo, establécese que é preciso actuar sobre a fachada, as cubertas e a carpintería, así como mellorar o drenaxe perimetral co obxectivo de reparar os danos e evitar que aparezan novas humidades.

Concretamente, os estudos previos detectaron restos de humidade tanto no chan como no interior do templo provocados por falla de ventilación e un por problema de condensación. Para solucionalo, está previsto crear un sistema de drenaxe que sirva como complemento ao deseñado no ano 2000 e que permita dar unha mellor cobertura a recollida de augas superficiais mediante a realización dun canelón que aproveite a pendente natural do terreo. De xeito complementario, procederase ao levantamento de tellas para limpar e sanear a zona co fin de introducir unha lámina de zinc que impermeabilice a cuberta.

Ademais de solucionar os problemas de humidade, estas actuacións tamén permitirán manter unhas condicións climáticas estables que propicien unha adecuada conservación tanto do templo como da importante colección de esculturas medievais, murais e elementos decorativos que alberga esta igrexa calificada por Filgueira Valverde como “catedral rural de Galicia”.

Solución aplicada noutros bensNa zona da sancristía, tamén afectada por filtracións de auga, aplicarase unha solución que xa se utilizou en outros bens como, por exemplo, a igrexa de San Martiño de Cores, en Ponteceso, e que consiste na introdución dunha lámina de zinc que permita cubrir máis lonxitude que a peza actual co fin de evitar a entrada de auga.

Os traballos na igrexa de Ventosa tamén inclúen diversas intervencións sobre os elementos de carpintería que se viron afectados polo paso do tempo e polo efecto das condicións climatolóxicas. Neste sentido, repararanse as pezas que estean en mellor estado, como as portas principais das fachadas oeste ou norte ou as fiestras, e se cambiarán as que están peor conservadas.

A intervención prevista complétase coas actuacións de limpeza e encintado que se levarán a cabo prestando especial coidado ás cornixas e permitirán eliminar a vexetación da fachada e recuperar os elementos pétreos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre