Inicio Galicia A Xunta licita as obras de restauración do mosteiro de Santa María...

A Xunta licita as obras de restauración do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón por máis de 523.000 euros

0

Executaranse unha serie de actuacións centradas na rehabilitación da antiga hospedaría, casa do capelán, torre barroca e da planta baixa do ala leste do edificio

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de publicar a licitación das obras de restauración da planta baixa da casa do capelán do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, en Lugo, por un importe de 523.511,00 euros e un prazo de execución de seis meses, tal e como publica hoxe a Plataforma de Contratos de Galicia.

O obxectivo desta proposta de intervención consiste na execución dunha serie de actuacións que se centran na restauración, posta en valor, conservación, mantemento e rehabilitación da antiga hospedaría, casa do capelán, torre barroca e da planta baixa do ala leste do mosteiro que na actualidade se atopan sen uso. A finalidade é dedicar estes espazos a hospedaría e poder destinalos a tarefas divulgativas no ámbito da Ribeira Sacra.

Deste xeito, rehabilitarase o espazo en desuso da antiga hospedaría e casa do capelán do mosteiro cunha nova hospedaría e acondicionarase a planta baixa da fachada principal como espazo de recepción e divulgativo da contorna. Ademais, porase en valor a súa torre barroca incorporándoa á visita cultural e mellorarase a accesibilidade e seguridade dos espazos rehabilitados entre outras medidas.

Leer más:  Una chimenea de leña provoca un incendio en una vivienda de Ribeira (A Coruña) sin dejar heridos

Así mesmo, realizaranse diversas actuacións como a mellora das condicións de humidade, instalaranse novos aseos exteriores para facilitar o uso cultural do mosteiro, dotarase á planta baixa e á nova hospedaría de instalacións de electricidade, iluminación, fontanería, calefacción, ventilación e protección contra incendios; e realizaranse traballos de conservación de reixa metálica de forxa. Ademais, incorporarase unha nova escaleira, instalarase un novo ascensor para mellorar as condicións de accesibilidade da hospedaría, e realizaranse traballos de cantería especializada así como de reintegración en pedra.

Para poder desenvolver os traballos necesarios, o pasado mes de outubro, a Consellería de Cultura e Turismo asinou un convenio coa comunidade cisterciense do Divino Salvador de Ferreira de Pantón para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución destas obras.


- Te recomendamos -