Inicio Galicia A Xunta licita as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño...

A Xunta licita as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés ao seu paso polo polígono do Tambre

0

As actuacións, cun prazo de execución duns 9 meses, iniciaranse a comezos do vindeiro ano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés, ao seu paso polo polígono do Tambre, en Compostela, cun investimento de máis de 1,82 millóns de euros.

Esta intervención, que conta cun prazo de execución duns 9 meses desde o seu inicio, centrarase no treito comprendido entre o polígono do Tambre e o cemiterio de Boisaca. Unha vez adxudicada, o departamento de infraestruturas prevé o comezo das obras a comezo do vindeiro ano. Entre os traballos que se desenvolverán neste tramo, cómpre destacar o acondicionamento do Camiño ao longo de todo o polígono, para dotalo dun ancho igual ou superior aos 3,5 metros, para gañar en integración, en visibilidade e tamén en comodidade.

Tamén se delimitará o ámbito da ruta xacobea da zona de naves industriais a través de cerramentos metálicos e vexetais, que fagan máis “amable” a relación do peregrino co contorno e se adecuará a parte traseira do cemiterio, convertendo unha explanada nun espazo coidado, verde e humanizado.

Leer más:  Stellantis Vigo ve difícil superar la producción de 2023 y espera que el Perte se resuelva a final de mes

Este proxecto, ademais, coidará ao máximo os detalles en todo o relativo ao mobiliario urbano, con elementos singulares e característicos como luminarias, cubre-contedores, detalles nos bordos ou a disposición de vexetación.

Esta actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta é un dos dous proxectos que está a desenvolver a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para mellorar o Camiño Inglés na entrada de Santiago. Trátase da actuación no Camiño Inglés en Santiago, no tramo entre o cemiterio de Boisaca e o cruce de Meixonfrío, cuxo proxecto está en este momento en información publica.

Estas accións están deseñadas para facer compatible a experiencia positiva do peregrino coa actividade empresarial no polígono. A Xunta busca favorecer a mobilidade dos peregrinos e incrementar a súa seguridade, cunha mellor integración do Camiño na contorna das naves industriais. Para iso, seguiranse criterios homoxéneos que servirán como patrón para as futuras intervencións noutros puntos, buscando reforzar identidade arredor do Camiño.

Ambos proxectos enmárcase no seo do proxecto que a Xunta está a impulsar para mellorar as entradas dos Camiños en Compostela, cun orzamento de máis de 5 millóns de euros. A consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue intensificando os traballos para avanzar no desenvolvemento das entradas dos Camiños Inglés, Francés e Portugués para telos a punto no Xacobeo 2021.  

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

- Te recomendamos -