Inicio Galicia A Xunta licita as obras de mellora do sistema de abastecemento en...

A Xunta licita as obras de mellora do sistema de abastecemento en Lobios cun investimento de case 350.000 euros

0

As empresas interesadas na execución dos traballos poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de novembro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licita as obras de mellora do sistema de abastecemento en Lobios cun investimento de case 350.000 euros.

A Plataforma de Contratos de Galicia publica hoxe o inicio do proceso de contratación destas actuacións, cun prazo de execución de catro meses.

As empresas interesadas na realización dos traballos poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de novembro.

As obras contan co cofinanciamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Esta intervención ten como obxectivo resolver as carencias na rede de abastecemento nos núcleos de Vilameá, A Devesa, San Paio e Esperanzo coa fin de optimizar a calidade de subministro á poboación. As actuación proxectada pola Xunta distribuiranse en dúas zonas: unha en Vilameá e A Devesa, e a outra en San Paio e Esperanzo.

A intervención na contorna de Vilameá e A Devesa consiste na execución dunha rede de distribución desde o depósito actual ata os dous núcleos. Proxéctase un anel principal en tubaxe de polietileno soldable dunha lonxitude de preto de 1 quilómetro. Desde o anel, prevese a instalación de tubaxes, que distribuirá o caudal necesario aos dous núcleos.

En canto aos traballos en San Paio e Esperanzo, acometeranse redes independentes para estes dous núcleos de poboación. A rede partirá do depósito existente e terá unha lonxitude de máis de 1.71 quilómetros, e desde o anel principal, e para distribuír caudal aos dous núcleos, instalaranse uns 973 metros de tubaxes.

O Goberno galego continúa prestando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan desenvolver de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre