Inicio Galicia A Xunta licita as obras de mellora de firme en seis estradas...

A Xunta licita as obras de mellora de firme en seis estradas autonómicas da provincia de Pontevedra, cun investimento de case 1M?

0

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 17 de xuño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación das obras de mellora do firme en seis estradas da provincia de Pontevedra, cun investimento de case 1 millón de euros.

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 17 de xuño.

Os traballos proxectados levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-255, PO-403, PO-252, PO-261, PO-262 e PO-244, ao seu paso polos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Ponteareas, Salvaterra do Miño, Mondariz, Pazos de Borbén e SoutomaiorAs actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada.

Ademais, executaranse unha serie de medidas complementarias na PO-255, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19+980 e 23+250, de Ponte da Cereixa a Barcias, onde se colocarán varios treitos de barreiras de seguridade. E na estrada PO-244 executaranse tres pasos peonís sobreelevados, no p.q. 2+170, en Ponte Caldelas, e nos p.q. 9+910 e 12+440, no Concello de Soutomaior.

Con estas intervencións a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre