Inicio Galicia A Xunta licita as obras de mellora da estrada OU-154 ao seu...

A Xunta licita as obras de mellora da estrada OU-154 ao seu paso polo Reino, en Piñor, cun investimento de preto de 160.000 euros

0

O prazo para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de novembro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.

As empresas interesadas na realización destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de novembro.

A Xunta achega un investimento de preto de 160.000 euros, que inclúe a reposición de servizos, para acometer o acondicionamento desta vía autonómica.

Os traballos comezarán no primeiro trimestre do vindeiro ano e disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.

A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria na contorna.

Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.

Tamén se levarán a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.

Ademais o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre