Inicio Galicia A Xunta licita as obras de mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación...

A Xunta licita as obras de mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación da estación de autobuses de Noia, cun investimento de máis de 270.000 euros

0

As empresas interesadas en executar as obras teñen de prazo ata o vindeiro día 30 de decembro para presentar as súas ofertas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de licitar hoxe as obras de mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación da estación de autobuses de Noia, por un importe superior aos 270.000 euros.

As empresas interesada en executar as obras teñen de prazo ata o vindeiro día 30 de decembro para presentar as súas ofertas, cuxas obras dispoñen dun prazo de execución de tres meses. Toda a información pode consultarse na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

Dende a construción da estación de autobuses no ano 1993 a Xunta vén realizando varias obras menores que excedían da conservación ordinaria e que garantían o funcionamento da estación a curto prazo. Entre elas fíxose un saneo do terreo no que está situado o edificio porque se detectou nunha inspección o asentamento da soleira e a aparición de gretas en tabiques e carpinterías, en concreto na zona da cafetería. Nun estudo topográfico realizado recentemente se concluíu que a soleira da zona da cafetería volveu a asentarse, polo que as obras prevén executar as actuación necesarias para aumentar a resistencia do terreo.

O contrato licitado hoxe inclúe a mellora das carpinterías e solados, o reforzo das baixantes de pluviais do edificio da terminal de autobuses, así como a instalación dunha nova caldeira, o que suporá un aforro enerxético.

Mediante estas obras o departamento que dirixe Ethel Vázquez busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre