Inicio Galicia A Xunta licita a xestión do centro de día do novo centro...

A Xunta licita a xestión do centro de día do novo centro interxeracional de Ourense

0

O novo equipamento, construído e equipado pola Fundación Amancio Ortega, terá capacidade para 82 nenos de 0 a 3 anos e para 80 maiores

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, anuncia hoxe a licitación da xestión do centro de día para maiores do novo centro interxeracional de Ourense, construído e equipado pola Fundación Amancio Ortega en función do acordo que a FAO asinou o 1 de marzo de 2016 coa administración autonómica e co Concello ourensán.

O Consorcio, adscrito á Consellería de Política Social da Xunta, publica hoxe no seu perfil do contratante ese anuncio de licitación, que tamén está colgado xa na plataforma de contratos da administración galega.

As empresas ou entidades que desexen optar á xestión do centro de día terán un prazo de 26 días dende mañá -o día seguinte á data de publicación- para presentar as súas ofertas. Na súa valoración técnica terase especialmente en conta, de acordo co prego de condicións da licitación, aquelas que inclúan programas ou proxectos de interacción interxeracional e fomento do intercambio de experiencias e transmisión de tradicións entre nenos e maiores.

Leer más:  La Xunta abre a participación pública o plan de conservación do espazo natural da Torre de Hércules

A Xunta de Galicia da deste xeito un paso definitivo para a posta en marcha do centro interxeracional de Ourense, cuxa escola infantil -cunha capacidade para 82 nenos de 0 a 3 anos- entrará en funcionamento o próximo 17 de setembro, mentres que o seu centro de día -que ten capacidade para 80 maiores- o fará antes de que remate o presente ano 2018. 


- Te recomendamos -