Vense de publicar a contratación destas intervencións cunha mellora dun 10% respecto do orzamento da licitación lanzada no mes de xuño
A Xunta de Galicia vén de licitar a conservación, mantemento e rehabilitación na igrexa de Santa MarÃa de Lamas, en Boqueixón, por máis de 120.000 euros. A contratación mellora nun 10% o orzamento do procedemento lanzado no mes de xuño.
O proxecto pretende mellorar os problemas de humidades que afectan á cuberta, pavimentos e carpinterÃas. Por iso, entre outras actuacións realizarase a limpeza manual de toda a cuberta de tella, substituÃndo pezas danadas e incrementando a ventilación baixo cuberta, fundamentalmente na zona de cúpula, ademais de completar os remates de chumbo na cubrición de pedra do frontón. Tamén se prevé demoler o pavimento de terrazo actual baixo control arqueolóxico asà como limpar os paramentos exteriores, pintar as zonas revocadas con pinturas de silicato e repoñer pezas danadas da carpinterÃas, entre outras.
Ademais, nas zonas onde existen pinturas murais procederase a realizar unha toma de datos e analÃticas para realizar unha avaliación do seu estado de conservación e, no seu caso, unha proposta de intervención de urxencia. O prazo máximo de execución das obras será de oito semanas.
Para poder desenvolver os traballos necesarios, a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade e a Arquidiócese de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións no monumento.
Ben singularCon estas actuacións o Goberno autonómico continúa reforzando o seu compromiso por poñer en valor e recuperar o patrimonio galego. Neste caso, a igrexa de Santa MarÃa de Lamas é un ben singular do concello de Boqueixón, de estilo barroco e nave de planta de cruz latina, construÃda no século XVIII e que destaca polas súas dimensións e concepción arquitectónica. As pinturas das bóvedas e a cúpula xunto á torre presentan unha tipoloxÃa repetida durante a primeira metade do século, baseada nos campanarios barrocos.