Inicio Galicia A Xunta licita a redacción do proxecto de trazado, construción e impacto...

A Xunta licita a redacción do proxecto de trazado, construción e impacto ambiental da primeira fase da variante de Carballo, no tramo de Bértoa

0

A Plataforma de contratos de Galicia publica hoxe a licitación desta actuación por un importe superior aos 170.500 euros

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, vén de licitar a redacción do proxecto de trazado, construción e impacto ambiental da primeira fase da variante de Carballo, que se iniciará na estrada autonómica AC-552, en Bértoa.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación destes traballos por un importe superior aos 170.500 euros.

As empresas interesadas en levar a cabo este proxecto teñen de prazo ata o día 23 de xullo para presentar as súas ofertas. O prazo de execución do contrato é de 20 meses.

Para progresar nesta infraestrutura que servirá de alternativa á estrada AC-552, a Xunta ten proxectada a súa execución en dous treitos, un desde o oeste de Carballo ata a vía provincial que leva a Compostela e, o outro, que é o da saída directa do polígono de Bértoa coa estrada de Ordes. O orzamento estimado das dúas fases é de preto de 28 millóns de euros.

Atendendo á xustificación técnica das fases, nesta primeira impúlsase o tramo que unirá a estrada AC-552 na súa ligazón en Bértoa coa autovía AG-55, coa estrada autonómica AC-413 que se dirixe a Ordes e coa estrada provincial DP-1914 moi utilizada para desprazamentos en dirección Santiago. O presuposto base licitación destas obras estímase nuns 15 millóns de euros.

Con esta actuación darase un servizo máis directo ao polígono de Bértoa, que xera gran parte da actividade económica de Carballo e da súa mobilidade, ademais de evitar o tránsito de mercadorías polo centro urbano de Carballo. Isto permitirá evitar a circulación dos vehículos pesados na zona do instituto Alfredo Brañas, o colexio infantil e de primaria O Fogar, a escola infantil A Ledicia e a zona do complexo deportivo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre