Inicio Galicia A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da nova captación no...

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da nova captación no río Deza para o abastecemento ao concello de Lalín

0

A Plataforma de contratos de Galicia publica hoxe a licitación dos traballos por un importe de preto de 67.000 euros

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto construtivo da nova captación no río Deza para o abastecemento ao concello de Lalín.

A Plataforma de contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación destes traballos por un importe de máis de preto de 67.000 euros. As empresas interesadas na redacción deste proxecto teñen de prazo ata o día 5 de novembro para presentar as súas ofertas. O prazo de execución do contrato é de 6 meses.

Este contrato ten como obxectivo a mellora do sistema de abastecemento desta localidade pontevedresa e enmárcase na liña de colaboración da Xunta nesta materia de competencia municipal.

Trátase de dar resposta á solicitude realizada polo Concello de Lalín a Augas de Galicia, para o estudo, proxecto e construción dunha nova captación no río Deza. Para iso, a entidade local propuxo dúas posibles localizacións: unha augas arriba da praia fluvial de Vilatuxe e a outra moi preto do nacemento do río, aproveitando un represa existente na “fábrica de luz”, central hidroeléctrica abandonada e en desuso.

Augas de Galicia ten redactado un estudo de viabilidade dunha nova captación no río Deza para mellorar o sistema de abastecemento a Lalín, no que se analizaron as dúas opcións propostas desde o Concello, concluíndo como opción máis viable a opción augas arriba da praia fluvial de Vilatuxe.

Mediante este contrato que se licita hoxe proponse a redacción do proxecto construtivo dunha nova captación en Vilatuxe, no que se inclúen os traballos de análise da calidade da auga, da topografía existente e da dispoñibilidade dos terreos para reforzar a idoneidade da alternativa elixida.

Para a definición a nivel construtivo desta opción, estudaranse as distintas alternativas de trazado procedendo, a continuación, á redacción do anteproxecto, que inclúe os documentos necesarios para levar a cabo as tramitacións ambientais, as consultas a outras administracións e, no caso de seren necesarias, as expropiacións.

Finalmente, redactarase o proxecto construtivo, que incluirá todo o detalle da información incluída nos traballos, a través da memoria, planos, pregos e orzamento, que será a necesaria para poder licitar as obras.

AntecedentesO concello de Lalín dispón dun sistema de abastecemento de auga potable que se alimenta mediante bombeo e impulsión en dúas captacións con represa no río Asneiro, afluente do río Deza, tributario do río Ulla, que desemboca na ría de Arousa.

A captación máis antiga está situada nas proximidades do polígono industrial de Botos e a máis recente está situada augas arriba, na parroquia de Catasós, no lugar coñecido como “Pozo Negro”.

Desde estas dúas captacións bombéase o recurso bruto ata unha estación de tratamento de auga potable deseñada cunha capacidade de tratamento de 250 m³/ h situada na zona alta do núcleo urbano de Lalín, onde se potabiliza e almacena o recurso tratado nun depósito regulador de cabeceira de 4000 m3 de capacidade. Dese depósito parte a rede xeral de distribución que serve á poboación e á actividade industrial e agropecuaria do municipio, mediante unha extensa rede mallada e ramificada, que conta con outros depósitos de almacenamento: o depósito de cola do polígono industrial Lalín 2000 -de 400 m3 de capacidade-; o depósito elevado de Lagazós -de 1500 m³-; ou o de Vilatuxe -de 450 m3-, entre outros.

O Concello de Lalín vén trasladando a Augas de Galicia a necesidade de mellorar a prestación do servizo de abastecemento de auga potable, derivada da escaseza do recurso en tempo seco.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre