Inicio Galicia A Xunta licita a redacción do Plan estratéxico do Xacobeo 2021 co...

A Xunta licita a redacción do Plan estratéxico do Xacobeo 2021 co obxectivo de facer unha celebración universal e participativa

0

Cultura e Turismo publica o contrato para o servizo de elaboración desta folla de ruta, por un importe de máis de 66.000 euros e un prazo de execución de 4 meses


Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2018.- A Consellería de Cultura e Turismo vén de dar hoxe un novo paso na planificación do vindeiro Ano Santo coa licitación do contrato para o servizo de elaboración do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021. Trátase da ferramenta sobre a que se construirá esta celebración, que ten sido declarada acontecemento de excepcional interese e que constitúe para Galicia unha oportunidade de potenciación.

O Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, licitado por un importe de máis de 66.000 euros e un prazo de execución de catro meses, tomará como base tanto as liñas aprobadas polo Consejo Jacobeo, a nivel estatal, como pola Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, no ámbito da nosa Comunidade Autónoma, na súa xuntanza do pasado 28 de novembro, cando tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de decreto polo que se regula a utilización da marca.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

Esta folla de ruta persegue que o Ano Santo sexa unha conmemoración universal e perdurable, que logre a maior participación posible cun desenvolvemento sustentable. Así, deberá contribuír á promoción e reforzo da dimensión internacional dos Camiños de Santiago e de Galicia a través dun amplo despregamento de actuacións en distintos ámbitos con anterioridade á celebración e tendo en conta o legado futuro que deixará.

Descentralización e accesibilidadeAsí, afondará na promoción e o estímulo duns sectores turístico e cultural competitivos, na súa calidade e accesibilidade. Ao mesmo tempo, buscará o equilibrio territorial e garantirá que o Xacobeo 2021 sexa unha conmemoración participativa. Neste sentido, apostará pola descentralización, ampliando a repercusión do Ano Santo, especialmente no rural.

A innovación, o voluntariado, a creación artística contemporánea, o coñecemento do patrimonio, a promoción de Galicia como destino ou o intercambio cultural serán cuestións presentes neste documento, que buscará involucrar á sociedade xerando un sentimento de orgullo na poboación local. Así mesmo, definirá un plan para a consecución de patrocinios, toda vez que xa están activadas as desgravacións fiscais por un período de tres anos.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

A licitación inclúe labores tanto de investigación como o traballo cos sectores estratéxicos da Comunidade, diagnóstico, formulacións estratéxicas e, finalmente, a redacción do Plan.  


- Te recomendamos -