Este contrato foi licitado por un importe de máis de 922.000 euros e as empresas interesadas teñen de prazo ata o 14 de setembro para presentar as súas ofertas
A Xunta licita hoxe a redacción da Estratexia Galega de Mobilidade coa fin de definir unha rede coordinada de servizos e infraestruturas moderna, sostible e eficiente que aumente a competitividade na comunidade.
A Plataforma de Contratos de Galicia recolle hoxe a licitación deste servizo, cun importe de máis de 922.000 euros e un prazo de execución de dous anos. A presentación de ofertas poderá realizarse ata o vindeiro 14 de setembro.
O obxectivo da programación é avanzar cara a unha mobilidade de futuro, adaptada ao contexto da covid-19 e da Estratexia Galega de Cambio Climático e EnerxÃa 2050.
Trátase de establecer unha mobilidade de baixas emisións, que promoverá o transporte público, a intermodalidade e os desprazamentos non motorizados dun xeito efectivo.
A estratexia será de carácter multimodal, é dicir, fomentará a cultura cidadá e empresarial da mobilidade sostible. Para isto, potenciaranse as formas de desprazamento que reduzan os impactos negativos do uso do automóbil.
O programa aposta con determinación por un sistema de transporte público, coordinado e sostible. En canto ao transporte interurbano de viaxeiros, implantarase unha área única de Transporte de Galicia, coa extensión a todo o territorio das tarxetas TMG e Xente Nova.
A tarxeta TMG permite descontos nas tarifas do transporte público e a Xente Nova posibilita que os menores de 21 anos viaxen gratis nos autobuses interurbanos da Xunta.
O deseño desta Estratexia tamén abranguerá unha especial consideración en relación á chegada do AVE a Galicia, establecendo unha rede de infraestruturas e servizos que permita desenvolver todo o potencial que suporá a alta velocidade na comunidade.
Nas estradas, a mobilidade do futuro xirará en torno aos vehÃculos autónomos, eléctricos e compartidos. Por iso, en base ás conclusións desta estratexia, elaborarase unha planificación de vÃas adaptada ás novas modalidades de mobilidade.
Ademais da programación da execución de novas estradas e o acondicionamento do viario existente, incluiranse sendas peonÃs e ciclistas, adaptaranse as vÃas para o funcionamento do coche autónomo e determinaranse puntos de recarga para vehÃculos eléctricos.
A Estratexia Galega de Mobilidade coordinarase coa Estratexia LoxÃstica de Galicia 2020–2028, que avanzará na cohesión territorial para minorar o efecto da posición periférica de Galicia respecto ao resto de Europa e potenciar a oportunidade como porto da fachada Atlántica.
Esta planificación integral da mobilidade situará a Galicia con maior vantaxe para poder acceder aos diferentes plans de investimentos europeos, que están condicionados a contar nos estados membros con estratexias concretas.
Elaboración da EstratexiaPara elaborar a estratexia, realizarase un intenso traballo de campo, que comezará pola análise da situación actual das infraestruturas de transporte dentro de Galicia e co exterior, asà como da súa intermodalidade.
Utilizaranse datos de telefonÃa móbil, cumprindo coas normativas vixentes de protección de datos, que se tratarán mediante tecnoloxÃa big data e realizaranse enquisas orixe-destino para completar a información.
Tamén se consultarán os aforos de estradas e os datos de usuarios de transporte público ou as estatÃsticas ferroviarias, aeroportuarias e de transporte marÃtimo. Con esta información elaboraranse matrices orixe/destino con segmentación por modos de transporte, en diferentes perÃodos e dÃa tipo.
Posteriormente, procederase á visualización dos resultados orixe/destino entre concellos nun visor web baseado en GIS. A partir de aÃ, modelizarase a demanda no sistema de transportes na comunidade en distintos escenarios.
A partir da información obtida e das conclusións establecidas, redactarase a Estratexia de mobilidade, que será obxecto de consulta pública para que as persoas, administracións e organismos interesados poidan participar na planificación.