Inicio Galicia A Xunta licita a elaboración dos estudos previos de necesidades e alternativas...

A Xunta licita a elaboración dos estudos previos de necesidades e alternativas para o proxecto de intermodalidade no transporte en Ferrol

0

O importe total de licitación e de preto de 100.000 euros e conta cun prazo de execución de 8 meses

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de licitar hoxe contrato de servizo para a elaboración dos estudos previos de necesidades e alternativas para o proxecto de intermodalidade no transporte en Ferrol. O contrato licitado hoxe conta cun orzamento de preto de 100.00 euros, e un prazo de execución de 8 meses.

Esta actuación enmárcase no plan de Intermodalidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxectivo avanzar na conexión entre o transporte de viaxeiros en autobús metropolitano e interurbano e o transporte por ferrocarril en Galicia, no marco do programa operativo FEDER 2014-2020.

O obxectivo dos traballos é coñecer as necesidades actuais e potenciais do transporte de autobús e ferrocarril e as mellores fórmulas para atendelas desde un conxunto intermodal. Procurarase ademais a adecuación urbana do contorno das estacións.

Os traballos que contemplan o contrato partirán da análise dos estudos e proxectos existentes relacionados co transporte por ferrocarril e por autobús existentes no ámbito de Ferrol. Tamén prevén a realización de aforamentos de viaxeiros e enquisas na contorna das estacións e a confección do programa de necesidades da estación autobuses (número e configuración de dársenas, ordenación dos servizos da estación, etc).

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

O contrato para a mellora da conexión intermodal en Ferrol implica a análise de impacto da actuación sobre as pautas de mobilidade da poboación da área de Ferrol e o estudo das posibles alternativas de configuración para estación intermodal de viaxeiros.

Segundo recolle o prego de condicións, os traballos licitados hoxe inclúen a análise das posibles alternativas de configuración para o conxunto intermodal de viaxeiros, que partirá de tres alternativas propostas, aínda que durante a realización do estudo poderá xurdir algunha máis.

Polo miúdo, os traballos de definición da estación intermodal de Ferrol analizaran como alternativa 1, a conexión peonil entre as dúas estacións e humanización da contorna. Como alternativa 2 se estudará o desprazamento do edificio da estación de ferrocarril, de acordo ao PXOM de Ferrol e a conexión intermodal peonil entre ámbolos dous edificios. E a alternativa 3 examinará o desprazamento do edificio da estación de ferrocarril, de acordo ao PXOM de Ferrol unificando nese mesmo edificio os servizos para as liñas de autobús.

Entre os cometidos deste contrato tamén se prevé o levantamento topográfico da estación e a súa contorna, e o estudo de percorridos de liñas de autobuses na entrada e saída da estación, así como a análises da capacidade xeométrica do viario neste percorrido e estudos de tráfico. O mesmo completase co estudo de viabilidade económica para a explotación da estación de autobuses e o predeseño da alternativa seleccionada.

Leer más:  La Audiencia Provincial de Ourense sentencia a 23 años de prisión al responsable del tiroteo en una gasolinera de Tamallancos

O Goberno galego aposta pola intermodalidade para fomentar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e acadar unha mobilidade máis sostible na comunidade. 


- Te recomendamos -