Inicio Galicia Pontevedra A Xunta leva investidos máis de 4,2 millóns de euros na mellora...

A Xunta leva investidos máis de 4,2 millóns de euros na mellora dos centros escolares da localidade pontevedresa do Porriño

0

O xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, recibiu hoxe no seu despacho ao director do CEIP Atios, con quen abordou as obras pendentes no centro


A Xunta leva investidos máis de 4,2 millóns de na mellora dos centros escolares de Primaria e de ESO no Porriño desde o ano 2009. Así o informou hoxe o xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, tras reunirse na Delegación Territorial co director do CEIP Plurilingüe de Atios, Roberto Devesa.

O representante autonómico asegurou que non se axusta a realidade que a Administración galega teña desatendido o ámbito educativo no concello porriñés, tal e como reprochou a alcaldesa, a quen recordou que a normativa en canto á conservación, ao mantemento e á vixilancia dos edificios destinados a centros de educación infantil, primaria ou de educación especial atribúe aos concellos esta competencia.

Segundo dixo, tanto o director do CEIP Atios coma a ANPA reclamaron en varias ocasións a corrección das deficiencias detectadas nas instalacións deste centro, sen obter resposta algunha por parte do Concello, a quen corresponde o seu arranxo. “A alcaldesa sabe que é responsabilidade súa manter en condicións óptimas de funcionalidade e seguridade as instalacións do centro”, insistiu Pérez Ares, ao tempo no que lle reclamou á responsable municipal que deixe de lanzar acusacións.

O xefe territorial de Educación enumerou varias das obras realizadas polo Goberno galego nos centros escolares do Porriño nos últimos anos, facendo especial fincapé na construción do CEIP Antonio Palacios, cunha inversión superior os 3,6 millóns de euros. Entre as máis recentes, citou a instalación dun ascensor no CEIP Xosé Fernández López ou a inauguración do salón de actos reformado e acondicionado no CPI da Ribeira. “Máis de 4,2 millóns de euros en intervencións que consideramos prioritarias nos centros escolares desta localidade”, sinalou.

Neste senso, o xefe territorial aproveitou a ocasión para lembrarlle tamén á rexedora o convenio firmado no 2016, no que ambas administracións comprometéronse a optimizar a utilización dos recursos públicos mediante a planificación e execución das intervencións con obxecto de atender de forma eficiente as necesidades materiais das instalacións dos centros. Isto, sen prexuízo da normativa aplicable en materia das competencias propias, apuntou.

En canto á reunión mantida co director do CEIP Plurilingüe de Atios sinalou que tiveron oportunidade de abordar temas pendentes que, avanzou, iranse concretando nas vindeiras semanas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre