O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios máis de 28.360 luvas, 17.680 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección
A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca do Salnés preto de 47.695 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.
En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.
Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.460 luvas e 1.300 mascarillas.
En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 28.360 luvas, 17.680 máscaras, 1.243 batas e traxes de protección e 366 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes: