Inicio Galicia A Xunta leva entregadas case 760.000 unidades de protección contra o coronavirus...

A Xunta leva entregadas case 760.000 unidades de protección contra o coronavirus aos centros asistenciais de Lugo desde o inicio da crise sanitaria

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego completa hoxe o décimo envío, con 67.000 unidades para máis dunha trintena de entidades sociais públicas e privadas


A Xunta de Galicia leva entregadas 758.600 unidades de material de protección contra o coronavirus ás residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo desde o inicio da crise sanitaria.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que desde a primeira achega, a principios de abril, o Goberno galego subministrou a 121 centros lucenses un total de 331.000 guantes, 366.700 máscaras e pantallas faciais, 15.000 batas e mandís, 40.700 gorros e calzas, así como botes e garrafas de xel desinfectante.

Estas cifras inclúen o envío que se completou entre onte e hoxe, que neste caso supuxo a entrega de 67.200 unidades a 62 centros. Entre o equipamento distribuído nesta ocasión contabilízanse 30.500 luvas, 33.357 máscaras e pantallas faciais, 233 batas e mandís, 1.300 gorros, 1.500 calzas, 273 botes de hidroxel e 66 garrafas de desinfectante.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria por mor do coronavirus.

Balseiro salientou que estes repartos están a chegar a todas as residencias de titularidade pública e privada da provincia de Lugo que constan no rexistro autonómico, incluídas as de propiedade municipal ou da Deputación e as dependentes da Consellería de Política Social.

Con esta medida, a Administración galega pretende garantir a axeitada protección dos profesionais que traballan nestes centros coidando aos colectivos máis vulnerables ao contaxio por coronavirus.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre