Inicio Galicia A Xunta leva a cabo diversas melloras de seguridade nos xulgados...

A Xunta leva a cabo diversas melloras de seguridade nos xulgados de Ponteareas coa instalación dun novo sistema de videovixiancia

0

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín comprobou esta mañá as melloras levadas a cabo nos Xulgados da localidade ao abeiro do Plan de reforzamento e mellora da seguridade dos edificios xudiciais de Galicia


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín comprobou esta mañá as melloras levadas a cabo nos Xulgados da localidade ao abeiro do Plan de reforzamento e mellora da seguridade dos edificios xudiciais de Galicia.

Segundo indicou Juan José Martín, nos Xulgados de Ponteareas o investimento supera os 17.800 euros e fundamentalmente trátase da instalación dun novo sistema dotado de 12 cámaras, 1 monitor de 24 polgadas, 1 gravador, 2 discos duros, 1 SAI e todo o equipamento necesario para que funcione correctamente.

O obxectivo deste Plan é a mellora da seguridade das instalacións mediante o incorporación de sistemas de cámaras de vixilancia e de escáneres e arcos detectores de metais, e nunha primeira fase actuarase en 16 edificios xudiciais en Galicia, cun investimento superior aos 200.000 euros.

Esta primeira instalación comprende tanto edificios xudiciais das cidades da Coruña, Santiago, Lugo, e Pontevedra; como edificios dos partidos xudiciais das vilas que contan cun número maior de órganos xudiciais, como son Betanzos, Carballo, Cangas, Vilagarcía, Cambados, Porriño e Ponteareas, e o novo edificio de Tui cando estea rematado.

Leer más:  Rueda considera positivos los avances ferroviarios, pero insiste en la necesidad de más información y frecuencias

A partir de 2019 abordaranse novos investimentos nos restantes edificios xudiciais e iniciarase, de modo escalonado a instalación de escaner e arco detector de metais naqueles edificios que non dispoñen del na actualidade, co obxectivo final de que a totalidade das principais sedes xudiciais en Galicia dispoñan destes sistemas de seguridade.


- Te recomendamos -