Inicio Galicia A Xunta lembra que a tramitación telemática das comunicacións de queimas de...

A Xunta lembra que a tramitación telemática das comunicacións de queimas de restos agrícolas é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial

0

A Xunta lembra que a tramitación das queimas de restos agrícolas amoreados é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial para esta finalidade. Non obstante, cómpre trasladar que existe unha páxina independente e non oficial que reclama o pago de 29 euros por complementar este trámite. Esta páxina reúne as características de posible fraude e non é mais rápida nin simplifica os procedementos, polo que a Xunta está estudando as accións xurídicas pertinentes.

O Goberno galego anima aos cidadáns a que realicen as xestións a través da web oficial de balde. Por iso, lembra que o único enderezo-web oficial para realizar os devanditos trámites, sen custe para o administrado, é o seguinte: https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/Por último, a Xunta quere sinalar tamén que existe a posibilidade de facer estas xestións a través do teléfono 012, en horario de luns a venres de 8:00 a 20:00 horase os sábados de 8:00 a 17:30 horas. Neste caso, o interesado unicamente deberá aboar o custo da chamada segundo teña contratado coa súa compañía telefónica.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre