Inicio Galicia A Xunta lembra que a investigación xudicial sobre o Centro Tecnolóxico da...

A Xunta lembra que a investigación xudicial sobre o Centro Tecnolóxico da Carne está aberta e baixo o segredo do sumario

0

José González amosou a confianza e a plena colaboración do Goberno galego co labor da Xustiza e avogou por ser prudentes e agardar ao resultado da investigación para coñecer os feitos e, no seu caso, valorar o personamento da Xunta como posible prexudicada

A Xunta lembra que a investigación da Xustiza en relación coa actividade do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) está aberta e o sumario é secreto, polo que parte da información solicitada no Parlamento sobre este asunto só a ten o Xulgado que instrúe as dilixencias. Así o sinalou esta tarde o conselleiro do Medio Rural, José González, en resposta a unha pregunta relacionada con este asunto no Pleno da Cámara galega.

González advertiu que os feitos en cuestión supoñen a continuidade dun procedemento iniciado en xullo de 2017, polo que non se trata dunha nova instrución. Engadiu que a Xustiza, no marco desta investigación, solicitou documentación e información á Consellería do Medio Rural, que foi entregada “cada vez que se pediu e coa maior dilixencia posible”.

O conselleiro avogou por respectar o principio de prudencia que -dixo- esixe esperar ao resultado da investigación para poder coñecer os feitos e, de ser o caso, valorar o personamento da Xunta como posible prexudicada. Reiterou, por último, a “confianza nos poderes xudiciais” e a plena disposición do Goberno galego a seguir colaborando con eles con esa mesma dilixencia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre