Inicio Galicia A Xunta lembra aos agricultores afectados pola couza que deben declarar as...

A Xunta lembra aos agricultores afectados pola couza que deben declarar as súas patacas para seren destruídas e loitar así contra este insecto

0

A Consellería do Medio Rural está a facilitar esa declaración por parte dos agricultores afectados, para a posterior recollida e eliminación controlada de tubérculos nestas áreas

Trala publicación, o pasado día 5 de decembro, no Diario Oficial de Galicia, da resolución pola que se declaraban zonas infestadas pola couza guatemalteca da pataca as parroquias de Lendo e Caión no concello da Laracha, e a de Noicela no de Carballo, a Consellería do Medio Rural quere lembrar que, de acordo á resolución do 10 de marzo de 2017 nestas zonas non se poderán almacenar patacas senón que deberán ser entregadas aos servizos oficiais para proceder á súa destrución controlada. Para cumprir con esta obriga, a Consellería dispón dunha serie de locais onde os agricultores deberán facer unha declaración das existencias de patacas en almacén para proceder despois á súa recollida. Esta recollida será debidamente anunciada posteriormente. É importante recordar que facer esta declaración é obrigada para aqueles veciños dentro das tres parroquias infestadas.

Os próximos días e lugares para facer esta declaración en horario de 9:30 a 14:00 h son os seguintes: – Lúns día 16. Edificio Viveiro de empresas do Poligono Empresarial da Laracha.- Martes día 17 . Local Social de Imende (Noicela-Carballo).

Medio Rural apela de novo á colaboración e concienciación cidadá para a realización destas tarefas, que resultan fundamentais para loitar contra a couza e frear a súa expansión. Así se está a explicar tamén, por parte da Consellería, nas diferentes charlas informativas nas zonas afectadas. Nelas, dáse conta de todas as medidas adoptadas e amósase aos interesados como deben actuar fronte a couza.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre