Inicio Galicia A Xunta lembra a Ramón María del Valle-Inclán no aniversario do seu...

A Xunta lembra a Ramón María del Valle-Inclán no aniversario do seu nacemento cunha ofrenda floral

0
image_gallery.jpg


O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, representou hoxe á Xunta de Galicia na homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán no aniversario do seu nacemento. A ofrenda floral de homenaxe, que se desenvolveu ao pé do monumento do escritor na praza do Castro de Vilanova de Arousa, contou tamén coa participación do alcalde deste municipio, Gonzalo Durán, así como da presidenta da Asociación Cultural Amigos de Valle Inclán, Alicia Padín.

Esta ofrenda enmárcase na programación de actividades da Semana da Cultura de Vilanova de Arousa en homenaxe ao dramaturgo galego que se celebra desde o pasado venres día 23 ata o 1 de novembro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre