Inicio Galicia A Xunta lembra a importancia de respectar a obriga do uso de...

A Xunta lembra a importancia de respectar a obriga do uso de máscaras no ámbito laboral

0

Así o establece o plan de continxencia fronte ao coronavirus elaborado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), que recolle unha serie de recomendacións a ter en conta por parte das empresas para que a actividade se desenvolva con todas as garantías sanitarias

A Xunta de Galicia, a través das Consellería de Economía, Emprego e Industria e de Sanidade, lembra a importancia de respectar a obriga do uso da máscara no ámbito laboral, así como adoptar nas empresas medidas organizativas ou de protección colectiva fronte á covid-19.

Así o establece o plan de continxencia fronte ao coronavirus elaborado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), que recolle unha serie de recomendacións a ter en conta por parte das empresas para que a actividade se desenvolva con todas as garantías sanitarias.

Trátase de medidas de prevención para limitar o risco de contaxio, tanto a nivel organizativo, como de hixiene e limpeza ou mesmo nos desprazamentos ao traballo. Así, este plan establece que o uso da máscara é obrigatorio e que se deben seleccionar adecuadamente os equipos de protección de acordo a cada posto de traballo. Ademais, tamén incide na importancia de lavarse as mans frecuentemente e de incrementar a limpeza e a desinfección das zonas de traballo nos cambios de quenda.

No que respecta ás medidas organizativas, o protocolo recomenda que se garde a distancia de seguridade de 1,5 metros e se distribúan espazos e tarefas, se eviten aglomeracións e se facilite como alternativa o traballo a distancia e o teletraballo. Neste sentido, apela a adoptar nas empresas medidas relativas ao persoal especialmente sensible e a xestionar o acceso de clientes, provedores ou contratas. E, na mesma liña, destaca a necesidade de elaborar un plan de limpeza e desinfección.

A Xunta lembra ás empresas o deber de activar mecanismos de seguimento e control destas medidas para garantir o seu cumprimento, e para xestionar posibles casos sospeitosos de contaxio. Do mesmo xeito, tamén lles aconsella que fagan unha avaliación permanente dos riscos para actualizalas cando sexa necesario. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre