Inicio Galicia A Xunta lanza 'Adeus estrés', unha nova campaña con consellos e medidas...

A Xunta lanza 'Adeus estrés', unha nova campaña con consellos e medidas dirixidas á poboación traballadora galega

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, presentou esta mañá en Santiago de Compostela a nova campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga)


Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019.- A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou hoxe o compromiso da Xunta co fomento do emprego seguro e de calidade que implica reforzar a saúde e o benestar no traballo, durante a presentación da nova campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) Adeus estrés.

A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria -que estará dispoñible na páxina web do Issga, calendarios e carteis que se distribuirán en empresas e entidades a través de asociacións de profesionais da prevención- diríxese á poboación traballadora en xeral. O obxectivo é facilitar unha serie de consellos e medidas para o recoñecemento dos sinais de estrés, tanto emocionais como cognitivos, conductuais e fisiolóxicos, así como pautas no eido individual que se poden aplicar para unha mellor xestión do risco na poboación traballadora galega. Preténdese trasladar á sociedade que os riscos psicosociais e o estrés laboral poder previrse e xestionarse.

Con esta campaña, a Xunta insistirá na importancia de previr o estrés tanto de xeito colectivo como individual; no fomento de empresas saudables; e nunha progresiva mellora das condicións de seguridade e saúde laboral. Inclúe as seguintes 12 pautas: recoñece o teu estrés, establece prioridades, organiza o tempo de traballo, rota tarefas, evita a multitarefa, xornadas axustadas, tempo de descanso, busca de axuda, trato con clientes e manexa a distancia emocional.

Adeus estres enmárcase na Estratexia de seguridade e saúde no traballo, que inclúe seis obxectivos e 163 medidas centradas na redución da sinistralidade laboral e na consolidación da cultura preventiva no tecido empresarial e nos traballadores, prestando especial atención a sectores, actividades, colectivos e empresas cun maior risco.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre