Inicio Galicia A Xunta lamenta que a proposta do Concello de Pontevedra para o...

A Xunta lamenta que a proposta do Concello de Pontevedra para o transporte público da cidade sexa incumprir a lei

0

A lexislación europea obriga a que todas as concesións de transporte interurbano sexan licitadas neste ano 2019 e o Goberno galego está a cumprir co calendario establecido

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lamenta que a proposta do Concello de Pontevedra para o transporte público sexa incumprir a lei. A lexislación europea obriga a que todas as liñas de transporte interurbano sexan licitadas neste ano 2019 e o Goberno galego está cumprindo escrupulosamente co calendario establecido co Plan de transporte público de Galicia.

A proposta do Concello de Pontevedra de deixar fóra desas licitacións as liñas que discorren integramente polo termo municipal de Pontevedra supón incumprir a lexislación.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade considera especialmente sorprendente que o Concello pida agora 3 anos para deseñar as liñas de autobuses cando a caducidade das liñas é coñecida desde o ano 2007.

O Goberno galego lembra, ademais, que a lexislación básica estatal establece a obriga dos concellos de máis de 50.000 habitantes de prestar un servizo de transporte urbano. A falta de planificación por parte do Concello de Pontevedra, e a súa renuncia práctica a exercer ese deber levou á Xunta a incluír novamente os percorridos e paradas no termo municipal de Pontevedra no Plan de transporte público.

Lembra que as novas rutas están en proceso de información pública co obxectivo de mellorar e enriquecerse coas achegas de todos os interesados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre