Inicio Galicia A Xunta inviste preto de 4M? na posta en marcha de 14...

A Xunta inviste preto de 4M? na posta en marcha de 14 programas integrados de emprego para incrementar as oportunidades laborais de 1400 desempregados na área de Vigo

0

Combina durante un ano formación e prácticas en empresas co obxectivo de que, como mínimo, o 35% dos participantes accedan ao mercado de traballo

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas dos programas integrados de emprego, dirixidas tanto aos concellos como ás entidades sen ánimo de lucro, e que permitirán a celebración dun total de 14 iniciativas para incrementar a formación e as oportunidades laborais de 1400 persoas desempregadas na área territorial de Vigo cun investimento de preto de 4 M€.

Nesta convocatoria resultaron beneficiarios os concellos de Mos, Redondela, Salceda de Caselas, Moaña e Vigo, cun total concedido de 1.175.400 euros. En canto as entidades, con 2.690.000 euros en conxunto, figuran a Asociación de Empresarios de Mos, a Fundación Nortempo, a Asociación Agarimo, a Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, a Fundación CIP, a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, a Asociación de Empresarios A Pasaxe e a Asociación de Comerciantes e Profesionais Zona Príncipe. A estes, súmanse Acción Laboral e a Asociación de Empresarios de Redondela xa no eido dos programas dirixidos exclusivamente a mulleres.

No que atinxe ao conxunto de Galicia, desenvolveranse 22 programas en concellos, mancomunidades e entidades dependentes -cun investimento de 5M€- e 21 por institucións sen ánimo de lucro -ás que se destinarán 4,9M€-. Do total, 5 estarán destinados en exclusiva a mulleres desempregadas, atendendo ao compromiso da Xunta co apoio ao emprego feminino.

Tras a resolución, levarase a cabo a selección dos participantes durante un prazo máximo de dous meses a través das oficinas de emprego e terán prioridade as persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres en condición de vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, maiores de 45, ou inmigrantes, entre outros colectivos.

Nesta convocatoria primáronse aqueles proxectos con implicación do tecido empresarial de cada zona, acreditado mediante cartas de compromiso e xustificación de que as accións propostas e a finalidade se axustan ás súas necesidades –co obxectivo de que os programas se centren nas demandas laborais de cada comarca–. Tamén se dá prioridade aos aqueles plans de xestión compartida -é dicir, promovidos por concellos agrupados ou fisionados-, así como os que leven a cabo Concellos Emprendedores. Ademais, introduciuse o colectivo de persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia e a formación está dirixida á obtención, polo menos, dun certificado de profesionalidade.

Os programas integrados de emprego, que teñen un ano de duración, están enfocados a mellorar a ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 35% dos seus participantes. Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.

Desde 2009 o orzamento destinado pola Xunta de Galicia aos programas integrados de emprego ascende a 55,5 millóns de euros, dos que se beneficiaron 34.000 persoas desempregadas.

Máis oportunidades laboraisA actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos postos de traballo.

O Goberno galego, a través desta folla de ruta, vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas, como son os cursos de formación para desempregados e ocupados; ou os obradoiros duais, que combinan un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. Con este tipo de actuacións, o Goberno galego contribúe a reducir as cifras do desemprego na Comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre