Inicio Galicia A Xunta inviste preto de 200.000 euros na renovación de toda a...

A Xunta inviste preto de 200.000 euros na renovación de toda a instalación eléctrica da residencia de maiores Porta do Camiño

0

A previsión é que os traballos, xa iniciados, rematen en xaneiro do ano que vén

A Xunta de Galicia está a realizar un investimento de preto de 200.000 euros na renovación de toda a instalación eléctrica da residencia de maiores Porta do Camiño, situada na capital galega. Os traballos, xa en marcha e que estarán rematados a finais do vindeiro mes de xaneiro de 2020, aforrarán custes enerxéticos no funcionamento deste inmoble, que ten na actualidade 80 residentes.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica formalización do contrato, feito que se produciu o pasado mes de outubro para dar comezo ás obras. A actuación, que conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), forma parte das programadas pola Consellería de Política Social para mellorar a eficiencia enerxética desta residencia e que teñen por finalidade reducir o gasto necesario para manter o centro a unha temperatura óptima.

Con este obxectivo, nesta residencia de titularidade pública xa se cambiaron as carpinterías, balconadas e portas. Ademais, creouse unha nova área de enfermaría e renováronse os dormitorios, a cociña e da zona de baile dos maiores.

No centro tamén está previsto levar a cabo o pavimento e pintado das zonas comúns e o cambio completo do tellado do edificio. Esta última obra está programada para o ano 2020 e nestes momentos atópase en fase de redacción.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre