Inicio Galicia A Xunta inviste nas obras da rede de camiños das dúas reestruturacións...

A Xunta inviste nas obras da rede de camiños das dúas reestruturacións parcelarias de Trazo máis de 4 millóns de euros

0

As dúas actuacións neste concello supoñen a intervención sobre 7.575 parcelas pertencentes a 771 propietarios


Trazo (A Coruña), 12 de febreiro de 2019.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Trazo, José Dafonte, e polos veciños da Xunta local de reestruturación parcelaria, comprobaron na mañá deste martes o resultado das obras da rede de camiños principais da reestruturación parcelaria no núcleo de Trazo.

A nova rede de camiños, nos que a Consellería do Medio Rural inviste máis de 1,7 millóns, realizáronse nunha superficie total de actuación de 895 hectáreas repartidas en 3.037 parcelas pertencentes a 320 propietarios.

Dos 1,7 millóns destínanse algo máis de 342.000 a asistencias técnicas e 1,4 millóns á rede de camiños principais, secundarios e acondicionamento de fincas.

A este investimento hai que sumar outra reestruturación parcelaria que tamén se está realizando neste mesmo concello na zona de Benza na que a Consellería de Medio Rural está investindo 2,2 millóns que afecta a unha superficie de 1.170 hectáreas de 451 propietarios que teñen en total 4.538 parcelas.

Dos máis de 2,2 millóns destínanse algo máis de 400.000 a asistencias técnicas e 1,8 millóns á rede de camiños principais, secundarios e acondicionamento de fincas.

O delegado territorial apuntou que a primeira das reestruturacións, a do concello de Trazo, está en fase de estudio das alegacións para preparar o acordo e xa ten a rede de camiños rematada.

A segunda das concentracións en Benza está en fase de execución os camiños municipais e se está traballando na obra. Ademais, está contratado o servizo técnico para a redacción do acordo e a colocación dos marcos.

Ambas actuacións supoñen unha inversión total de máis de 4 millóns de euros neste municipio.

Durante esta visita, o delegado territorial da Xunta na Coruña insistiu en que o desenvolvemento deste tipo de procesos de reestruturación parcelaria son “fundamentais para o despegue socio-económico do campo galego”, xa que “permiten a redistribución das explotacións agrarias, facéndoas máis rendibles e abaratando os custos de produción”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre