Inicio Galicia A Xunta inviste nas explotacións agrarias da provincia da Coruña máis de...

A Xunta inviste nas explotacións agrarias da provincia da Coruña máis de 12 millóns de euros en plans de mellora e incorporación de mozos e mozas ao agro

0

As comarcas de Ordes, Arzúa, Melide e Xallas son as que contan con máis explotacións subvencionadas

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe no concello de Touro a explotación agraria Gandería Sar, dedicada a produción láctea que conta con máis de 900 cabezas. Esta granxa acadou en 2017 unha axuda de 300.000 euros a través da Orde de subvención da consellería de Medio Rural para investimentos en plans de mellora e incorporación de mozos e mozas por primeira vez a empresas agrarias en 2017, que permitiu a construción dun novo cortello de 6.700 metros cadrados cun investimento total de 500.000 euros.

Gandería Sar é unha explotación creada en 2009 coa fusión de tres explotacións familiares da zona co fin de optimizar recursos, mellorar o manexo, reducir costes e ter tempo libre para os seus membros. En 2016 integran outros 2 mozos veciños e cambian a forma xurídica da sociedade de SAT a SL. Na explotación traballan na actualidade 6 socios, 5 deles con idades comprendidas entre 31 e 41 anos e outros 5 empregados.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Entre os gastos subvencionables por esta orde están a compra de nova maquinaria, gastos para a elaboración de proxectos técnicos de construción ou reforma das explotacións, permisos, licenzas, plantación e mellora de cultivos, compra de novos terreos e adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos. Ademais, nesta orde tamén se apoia economicamente a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras, co fin de fomentar o relevo xeracional nas explotacións.

O delegado territorial agradeceu o esforzo dos integrantes desta moderna gandería, xa que “a través de proxectos coma este se demostra que a Xunta de Galicia está no camiño correcto cando aposta por fomentar a competitividade da agricultura galega mediante a modernización das explotacións e a incorporación de agricultores mozos, para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude e non de estancamento”.

No total provincial, a Consellería do Medio Rural apoiou o ano pasado con esta orde a 294 explotacións agrarias da provincia da Coruña, achegando axudas que suman 12.020.488,8 euros, dos que preto de 9 millóns foron en subvencións para plan de mellora e 3,1 para axudas para a incorporación de 112 mozos ás actividades agrarias e gandeiras. Contando co esforzo financeiro das propias explotacións, esta orde de axudas significou un investimento no agro de máis de 22 millóns e medio de euros.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

Por comarcas, esta liña de subvencións tivo a seguinte distribución: 1.- Agricultores mozos

v:* {behavior:url(#default#VML);}

o:* {behavior:url(#default#VML);}

w:* {behavior:url(#default#VML);}

.shape {behavior:url(#default#VML);}

1.- Agricultores mozos


- Te recomendamos -