Inicio Galicia A Xunta inviste na comarca de Bergantiños-Costa da Morte 345.000 euros en...

A Xunta inviste na comarca de Bergantiños-Costa da Morte 345.000 euros en 5 proxectos de Galicia Rural Emprende

0

O delegado territorial da Xunta coñeceu o proxecto de desenvolvemento de software para hostalería que contou cunha axuda desta orde de 70.000 euros


O delegado territorial da Xunta, coñeceu, esta mañá, o proxecto de desenvolvemento de software para hostalería en Fisterra, que contará cunha achega da Xunta de 70.000 euros a través do programa Galicia Rural Emprende do Igape que se vén de resolver.

O obxectivo destas achegas é apoiar proxectos empresariais de emprendedores e autónomos vinculados a actividades non agrícolas no ámbito ruralOs proxectos aprobados abranguen iniciativas dos sectores industriais das TIC, a automoción, o téxtil, o forestal, o medioambiental e o audiovisual. Así, entre as actividades que se desenvolverán están a prestación de servizos de dixitalización e deseño de pezas 3D e de I+D, unha plataforma de xestión de cargadores para vehículos eléctricos, a instalación de equipos industriais, o deseño de roupa e accesorios, servizos de xestión e aproveitamento forestal, a confección e o deseño ecolóxicos de toldos e servizos da industria cultural e de lecer.

Esta liña de apoios cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), súmase ao Galicia Emprende, que comparte o obxectivo de estimular o tecido empresarial galego e fomentar a xeración de emprego mediante o apoio á creación de empresas.

Ovidio Rodeiro informou, durante a súa visita, da resolución desta orde na comarca de Bergantiños- Costa da Morte. A Xunta apoia a 5 proxectos nos concellos de Carballo, Fisterra, A Laracha e Laxe, que recibirán unhas axudas de 345.000 euros. Na provincia foron18 os proxectos aprobados con achegas que superan os 1,1 millóns de euros.“Mediante as convocatorias de 2019 do Galicia Emprende e do Galicia Emprende Rural o Goberno galego está a destinar 9 millóns de euros a apoiar máis de 180 proxectos empresariais que mobilizarán máis de 20 millóns de euros”, puntualizou o delegado territorial.

Os emprendedores galegos contan tamén co apoio da plataforma StartIN, que agrupa a rede de espazos coworking e as aceleradoras verticais, e que nos últimos cinco anos leva impulsado máis de 1000 proxectos, ademais dos instrumentos financeiros innovadores (IFIs) e os préstamos participativos ou o capital risco que ofrece XesGalicia a través do fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre