Inicio Galicia A Xunta inviste máis de 81.400 euros na mellora da tubaxe de...

A Xunta inviste máis de 81.400 euros na mellora da tubaxe de captación entre Valientes e ETAP de Porto do Son

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde da localidade, José Luis Oujo, fixeron unha visita á zona na que se levou a cabo a actuación


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou co alcalde Porto do Son, José Luis Oujo, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A sinatura realizouse durante a visita a ETAP de Porto do Son.

En total, investíronse algo máis de 81.400 euros na mellora da tubería de aducción entre a captación de Valientes e a ETAP de Porto do Son. Con esta obra substituíuse a tubaxe de fibrocemento por tubaxe de polietileno e modificouse a pendente para que fose máis uniforme. Tamén se deixaron sinalizacións superficiais que van indicando o percorrido da tubaxe para no caso de avarías se poidan detectar con facilidade.

En total, ao abeiro destas axudas realizáronse 16 proxectos. En total, repartíronse 768.199 euros para facer obras en Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Mancomunidade Serra do BarbanzaOvidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Estas actuacións financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e con cargo a fondos propios da Orden de Infraestruturas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre