Inicio Galicia A Xunta inviste máis de 39.000 euros en mellorar os equipamentos culturais...

A Xunta inviste máis de 39.000 euros en mellorar os equipamentos culturais de 3 concellos da comarca do Barbanza

0

A Consellería de Cultura e Turismo conta con estas axudas que dan prioridade ás iniciativas das zonas menos poboadas para contribuír ao reequilibrio territorial no acceso á cultura

Ribeira (A Coruña), 06 de xullo de 2019.- O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución para a adquisición de equipamento e na mellora das instalacións destinadas á programación de actividades culturais no marco das axudas convocadas no pasado mes de febreiro. Segundo a resolución beneficiaranse destas axudas, ás que podían presentarse todos os concellos, as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia ou as agrupacións de concellos galegos, os concellos de A Pobra do Caramiñal, Lousame e Porto do Son cunha achega que supera en total os 39.000 euros.

O delegado territorial destacou que “todos os proxectos subvencionados polo Goberno autonómico deberán desenvolverse en espazos nos que teña lugar unha programación estable de actividades culturais (bibliotecas, casas e pazos da cultura, locais e centros socioculturais, auditorios, casas da xuventude etc)”. Entre as actuacións que se levarán a cabo ao amparo desta orde de axudas están melloras nas instalacións, supresión de barreiras arquitectónicas, adquisición de equipamento audiovisual ou a compra de material escénico, entre outras.

A Consellería de Cultura e Turismo considera prioritaria a mellora das condicións de equipamento e dotacións técnicas dos espazos das corporacións locais para que poidan abrir as súas propostas culturais a novos campos, adaptándoas ás necesidades que require o desenvolvemento dunha oferta estable, diversa e de calidade. Nese sentido, Ovidio Rodeiro recalcou que “estas axudas dálles preferencia ás iniciativas das entidades con menor poboación, para contribuír á equidade e ao reequilibrio territorial, facilitando a toda a cidadanía as mesmas oportunidades de acceso á cultura”.

No caso da provincia da Coruña, a partida achegada pola Xunta é de case 110.000 euros, os cales se repartirán entre os concellos de Bergondo, Touro, Boqueixón, Dodro, Lousame, Mañón, Porto do Son, Padrón, Pobra do Caramiñal, Narón, Miño, Malpica de Bergantiños e Oza-Cesuras. CONCELLO

Proxecto

Subvención

Concello da Pobra do Caramiñal

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre