Inicio Galicia A Xunta inviste máis de 353.000? na área de Santiago para fomentar...

A Xunta inviste máis de 353.000? na área de Santiago para fomentar o emprego e o funcionamento das nas cooperativas e sociedades laborais

0

Estas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria incentivan as incorporacións de novos socios e novos traballadores a estas empresas de economía social


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou, acompañado polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, o taller de confección de prendas de vestir Baiuca na localidade boqueixanesa de Ponte Ledesma, que foi unha das cooperativas beneficiarias das axudas Aprol Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria para apoiar o funcionamento deste tipo de empresas.

Ovidio Rodeiro destacou o forte vínculo desta cooperativa coa súa contorna, “xa que leva preto de 34 anos sendo unha importante fonte de traballo para a comarca a través dun modelo de empresa máis igualitario, social e responsable”. O delegado tamén subliñou que “o cooperativismo é un modelo de traballo perfectamente asentado na comunidade e no que a economía galega confía cada vez máis, grazas á súa aposta polas persoas e pola promoción da cohesión tanto social como territorial”. Esta orde de axudas Aprol Economía Social da Xunta de Galicia conta con dúas liñas. A primeira, que se concede a cooperativas e sociedades laborais, ten por obxecto facilitar a incorporación de socios traballadores a cooperativas ou sociedades laborais. A axuda por cada persoa incorporada pode ir desde os 6.000 € ata os 16.500, en función das circunstancias. é para facilitar a contratación de persoas desempregadas pola cooperativa, por un importe de 6.000 euros, e cos incrementos podería chegar aos 16.500 euros. Esta subvención se lle da á cooperativa. A segunda das liñas vai dirixida é para facilitar o acceso á condición de socio, se lle entrega á persoa física que accede como socio traballador á cooperativa ou sociedade laboral, e se subvenciona a achega de capital, o socio que pode estar ou non traballando xa como asalariado na entidade cooperativa. Tamén poden acollerse a ela aquelas persoas que inician unha actividade como autónomas e se incorporan a unha cooperativa, en réxime de exclusividade, para a comercialización ou transformación dos seus produtos. Esta axuda ten por finalidade facilitar a achega de capital social para incorporarse como socio. O importe pode chegar igualmente aos 16.500 cos incrementos. Esta convocatoria permitiu que na provincia da Coruña se investisen ata hoxe algo máis dun millón de euros en 73 contratacións de persoal e outros 73 accesos á condición de socios traballadores. Na área de Santiago, estas axudas chegaron a un total de 12 cooperativas e sociedades laborais dos municipios de Ames, Arzúa, Boqueixón, Melide, Negreira, Santiago e Teo, cun investimento de algo máis de 353.000 euros para 26 contratos laborais e 27 incorporacións de novo persoal coa condición de socio.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre