Inicio Galicia A Xunta inviste máis de 351.000? na área da Coruña para fomentar...

A Xunta inviste máis de 351.000? na área da Coruña para fomentar o emprego nas cooperativas e sociedades laborais

0

Estas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria incentivan as incorporacións de novos socios e traballadores a estas empresas de economía social


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a cooperativa Ribeirán Proxectos Naturais, dedicada ao deseño e organización de actividades de lecer e divulgación no entorno natural. Esta entidade é unha das cooperativas beneficiarias das axudas Aprol Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria para apoiar o funcionamento deste tipo de empresas.

Ovidio Rodeiro destacou o forte vínculo desta cooperativa coa súa contorna desde que se creou, “xa que leva desde o 2012 deseñando actividades para dinamizar un entorno rural sostible e poñendo en valor o patrimonio sociocultural da nosa terra”. O delegado tamén subliñou que “o cooperativismo é un modelo de traballo perfectamente asentado na comunidade e no que a economía galega confía cada vez máis, grazas á súa aposta polas persoas e pola promoción da cohesión tanto social como territorial”.

Esta convocatoria permitiu que na provincia da Coruña se investisen algo máis de 1,2 millóns de euros en 92 accesos á condición de socios traballadores. Na área da Coruña, estas axudas chegaron a un total de 17 cooperativas e sociedades laborais dos municipios da Coruña, Oleiros, Cambre, Culleredo, Bergondo, Abegondo, Betanzos e Paderne, cun investimento de algo máis de 351.000 euros para 25 contratos e para 26 incorporacións de novo persoal coa condición de socio. Esta orde de axudas Aprol Economía Social da Xunta de Galicia conta con dúas liñas. A primeira, que se concede a cooperativas e sociedades laborais, ten por obxecto facilitar a incorporación de socios traballadores a cooperativas ou sociedades laborais. A axuda por cada persoa incorporada pode ir desde os 6.000 € ata os 16.500 euros. A segunda das liñas vai á persoa física que accede como socio traballador á cooperativa ou sociedade laboral que pode estar ou non traballando xa como asalariado na entidade cooperativa. Tamén poden acollerse a ela aquelas persoas que inician unha actividade como autónomas e se incorporan a unha entidade, en réxime de exclusividade, para a comercialización ou transformación dos seus produtos. Esta axuda ten por finalidade facilitar a achega de capital social para incorporarse como socio. O importe pode chegar igualmente aos 16.500 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre