Inicio Galicia A Xunta inviste máis de 272.000 euros na mellora do firme da...

A Xunta inviste máis de 272.000 euros na mellora do firme da estrada local que comunica a capitalidade do municipio ourensán da Veiga co lugar de Seoane

0

Esta actuación realizouse ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que asumiu integramente o financiamento, e o Concello da Veiga, que se encargou da execución

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras que o Concello da Veiga executou para mellorar o firme da estrada local que comunica a capitalidade do municipio co lugar de Seoane, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre os representantes de ambas as dúas institucións.

Segundo o convenio asinado o departamento autonómico que dirixe Ethel Vázquez achegou o 100% do custo da actuación, máis de 272.000 euros, mentres que o Concello da Veiga se encargou da execución dos traballos. Este acordo permitiu acometer a primeira fase das obras de acondicionamento do firme desta estrada, concretamente o treito A Veiga-Baños-A Marela, de 3,9 km de lonxitude. A rehabilitación do tramo restante, entre A Marela e Seoane, executarase nunha segunda fase das obras de mellora da vía.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, explicou que estas actuacións teñen como finalidade o mellor acondicionamento das vías para uso de tráfico rodado e peonil. Os rigores da climatoloxía do municipio valdeorrés, no que a media dos seus núcleos de poboación están sobre os 1.000 metros de altitude, influíu na deterioración do pavimento que presentaba multitude de gretas e fochas.

Os traballos que se executaron consistiron no fresado do firme e a extensión dunha nova capa de rodadura de mesturas bituminosas en quente; repintado de marcas viarias; e limpeza e reperfilado de cunetas.

Esta actuación enmárcase dentro do Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica, plan MOVE, que contempla a mellora das condicións de accesibilidade e de mobilidade das persoas.

Díaz Mouteira indicou que con esta intervención o Goberno galego, en colaboración co Concello da Veiga, trata de fomentar actuacións que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida á cidadanía.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre