Inicio Galicia A Xunta inviste case 2M? en material para os hospitais galegos para...

A Xunta inviste case 2M? en material para os hospitais galegos para estar preparados para ofrecer a mellor atención e reducir as posibilidades de contaxio do coronavirus

0

Feijóo fai un chamamento á tranquilidade e incide en que estamos “alertados, non alarmados”


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe en rolda de prensa do Consello da Xunta, do investimento de case 2 millóns de euros en material para os hospitais galegos para estar preparados para ofrecer a mellor atención e reducir as posibilidades de contaxio do coronavirus.

Ademais de facer un chamamento á tranquilidade, Feijóo incidiu en que “estamos alertados, non alarmados”, como indican os especialistas.

Ante esta situación, a Xunta adquiriu novo equipamento para os hospitais galegos. Boa parte dese material xa chegou aos centros hospitalarios e o resto estará no seu destino nos próximos días. Segundo explicou o presidente da Xunta, trátase de: 34 novos equipos de ventilación non invasiva, destinados á entrada dos pacientes en urxencias de adultos; 27 ventiladores volumétricos para as unidades de críticos; outros 7 ventiladores para o transporte de pacientes desde os hospitais comarcais ás unidades de referencia, e 6 novos equipos portátiles de raios X para a realización de imaxes radiolóxicas dos pacientes illados en urxencias.

Este reforzo ven sumarse ás medidas xa adoptadas pola Xunta como o teléfono gratuíto 900 400 116. Feijóo lembrou tamén que se alguén presenta síntomas e provén dunha zona de risco debe chamar ao 061 e o persoal sanitario se desprazará ao seu domicilio para efectuar as probas se o considera necesario.

Ademais de manter unha coordinación constante co Ministerio de Sanidade e co resto das comunidades autónomas, o Sergas reforzouse con 60 profesionais máis nos equipos que recollen mostras, nos servizos de prevención dos hospitais e os laboratorios de microbioloxía que realizan as probas, e no propio 061.

Ata onte, 4 de marzo, ás 22,00 horas, o Sergas realizou probas de laboratorio a 167 persoas, das cales unha deu positivo e cinco están pendentes de resultado. Tamén se realizaron 55 tomas de mostras a domicilio e 45 traslados de pacientes a centros hospitalarios.

O presidente da Xunta recordou as recomendacións que fan os expertos: lavar as mans con frecuencia, evitar tocar ollos, nariz e boca e cubrir a boca cun pano desbotable ou co cóbado ao tusir.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre